Maquinistas de Renfe convocan catro xornadas de greve

Os paros de 24 horas decorrerán o 4,11, 15, 14 e 15 de setembro.

Semaf, o Sindicato de maquinistas e axudantes ferriviarios (Semaf), convoca catro xornadas de greve de 24 horas durante os días 4, 11, 14 e 15 de setembro, segundo fontes deste colectivo recollidas por axencias. O paro é a resposta ao estancamento da negociación do convenio colectivo e aos recortes e falla de medios humanos que,m segundo sindicatos, sofre o servizo. Algúns sindicatos, como é o caso de Comisións breiras, denuncian unha “grave situación de falla de mantemento dos trens” e cifran en 1.125 o mínimo de empregad@s máis que se precisarían.

Unha denuncia que tamén se fai desde a CGT, sindicato que lembra que o ferrocarril público español é o que conta cun número máis baixo de ferroviarios, con respecto ao resto de ferrocarrís, tanto en número de traballadores por quilómetro de liña, como por millón de habitantes.