Os mariñeiros do cerco acusan Feijóo de os levar á “ruína total”

Concentración de mariñeiros. / A.M.

Centos de traballadores do sector concentráronse diante da residencia oficial de Monte Pío, onde pediron que os reciba o presidente da Xunta ou solicitaron a dimisión da conselleira Quintana.  

Case dous centenares de mariñeiros do sector do cerco galego protestou este sábado ás portas da residencia do presidente da Xunta de Galicia, en Monte Pío, en Santiago, contra a "ruína total" que aseguran que provoca o actual reparto de posibilidades de pesca, en especies como o xurelo ou a sardiña.

Os manifestantes, encabezados por unha pancarta na que se pedía "a devolución do peixe" e chamaba “ladróns” ás autoridades e que facían soar bucinas e petardos, subiron ata Monte Pío minutos antes do mediodía, logo de reunirse en Santa Isabel. 

Os mariñeiros reclaman ao titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que lles reciba para intermediar directamente nun cambio na distribución das posibilidades de capturas e berraron fronte á súa casa consignas como "conselleira, dimisión", pola titular do Mar, Rosa Quintana, quen anunciou que os recibirá o luns. Entre os manifestantes estaba a representante do BNG en Bruxelas, Ana Miranda