Morre un patrón de pesca, veciño de Porto do Son, que faenaba en augas arxentinas

(Foto: JRCC Halifax).
Darío Ferreyra tiña 52 anos.

Un patrón dun barco de pesca, residente en Porto do Son (comarca de Noia),  Darío Ferreyra, faleceu a bordo do buque Argenova XXII mentres faenaba en augas da Patagonia, en Arxentina, por un ataque ao corazón.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, a vítima informou o capitán de que lle "custaba respirar" cando sufriu un paro cardíaco apóso que tentaron reanimalo durante "bastante tempo" pero non conseguiron recuperalo.

De 52 anos, casado cunha veciña da localidade e pai de dous fillos, o home perdeu a vida a bordo do buque.