Unha nova negociación na décima xornada de greve na xustiza

[Imaxe: CIG] Protesto do persoal de xustiza en Vigo

O seguemento continúa a ser alto e cada día aprázanse centos de xuízos. Os e as traballadoras din que a pelota está no tellado da Xunta.

Décima xornada de greve e, ao igual que as anteriores, cun seguimento que se sitúa no 90%. Após a longa xornada de negociación desta segunda feira (9 horas) que acabou sen acordo, ambas as dúas partes, Xunta e sindicatos, volven reunirse esta terza feira.

 

Desde os sindicais lamentan que desde o goberno galego non se estea por solucionar o conflito e si máis pendentes, din, de tombar a greve que de negociar. As centrais mesmo eran partidarias de que a prensa puidese  estar presente nestas negociacións ao que se negaron os representantes da administración.

 

Os convocantes da greve lembran que entre ossete sindicatos “a unidade é total, ao igual que a das traballadoras e traballadores. A media de seguimento está, no conxunto de Galiza, no 90%”. Ao tempo, acusan á Xunta de ter una actitude “de prepotencia, de mentira e de utilización dos medios públicos para verter falacias. O Goberno galego quere facer ver que se trata dunha suba de soldos, cando a nosa reivindicación é, basicamente, acabar coa discriminación de manter a xustiza galega nunha segunda categoría a respeito do resto territorios do Estado, con todas as medidas que citei anteriormente”.