O novo espellismo estival do descenso do paro

Oficina de emprego

Desde 2007 os meses de xullo sempre rexistraron menos desemprego que xuño. O 70% dos novos empregos creáronse no sector servizos. O 93% dos contratos asinados o mes pasado foron temporais.

Os datos do desemprego do pasado mes de xuño, ao rexistraren un descenso estatístico de 12.031 persoas en relación ao mes anterior, teñen sido empregados polo Goberno galego como evidencia que visaría a recuperación económica que proclaman. Mais, existen razóns para tanta euforia? Para alén das aparencias, debullarmos nos datos acredita que pouco ou nada temos que celebrar. 

240.279 galegos e galegas en paro. 118.100 á espera dun posto de traballo por máis de dous anos. 101.000 non perciben ningunha prestación. 93.700 fogares do noso país teñen a todas as súas persoas activas no desemprego.  Xa son máis as persoas que cobran o subsidio de 426€ mensuais (59.460) que as que ingresan a prestación contributiva, de 768,7€ de media, (57.886)

(INFORMACIÓN COMPLETA NO N. 108 DO SEMANARIO SERMOS GALIZA)