Piquetes da greve de transporte ocupan instalacións de Mobilidade na Coruña e Compostela

Denuncian a negativa da administración a dialogar e úrxenlle a actuar.

Piquetes da greve de transporte de viaxeiros ocuparon a sede da Dirección Xeral de Mobilidade en Compostela, así como do servizo provincial de Mobilidade na Coruña. Unhas accións coas que os traballadores, que acumulan xa catro xornadas de greve, aseguran que “se non nos queren ver diante aquí nos teñen para non ter posibilidade de evitarnos”.

 

Con este “acto simbólico”, denuncian a posición contraria ao diálogo por parte da Consellaría de Infraestruturas e emprázana a estabelecer unha xuntanza a tres partes (administración, patronal e sindicatos) para procurar unha solución. O que as centrais (CIG, COO e UXT) non están dispostas é a permitir que o conflito se 'estanque'  en parámetros que interesen á Xunta.

 

A xornada de greve deste 28 de xuño está, ao igual que a dos días 27, 21 e 20 de xuño, un seguemento masivo. No detonante do conflito está o plan de transporte elaborado pola Xunta e que non convence a ninguén. A patronal pide que se dea marcha atrás e que a administración coñeza a realidade do sector antes de elaborar un proxecto destas características. Desde os sindicatos entenden que o plan agocha un ERE encuberto, que afectaría 1.000 dos 7.000 traballadores, e un recorte no transporte escolar.