O plantel de BIS Galiza, á folga a partires do martes

Manifestación da CIG en Ribeira

O persoal da empresa alemá radicada en Narón foi chamado a unha folga indefinida contra o acordo que no Estado asinou CC.OO, que é rexeitado pola CIG.

Os 110 traballadores que ten a multinacional alemá BIS no centro de traballo de Galiza, localizado no polígono industrial naronés de Río do Pozo, secundarán a folga indefinida convocada polos representantes da CIG e CCOO na mesa de negociación como medida de protesta polo acordo asinado este xoves entre a dirección e mais os once delegados sindicais de Comisións no resto do Estado.

Se ben BIS, adicada á instalación de andamios e illamentos, reduciu de 131 a 80 os despedimentos, non se coñece aínda en que medida afectará á delegación galega, que nun primeiro momento vería reducido nun terzo o seu plantel -41 rescisións de 110-. A partires de agora ábrese un prazo de adscrición voluntaria cunha indemnización de 26 días por ano traballado até un máximo de quince mensualidades.

Rexeitamento

Ademais, CCOO aceptou aplicar as táboas salariais de 2012 e cobrar as horas extraordinarias moi por debaixo do que marca o convenio provincial do Metal.

Desde a CIG rexeitouse calquera recorte porque, ademais de vir de contratarse doce eventuais, se están a facer moitas horas ex