sEGUEMENTO DE 90%

A primeira xornada de greve na xustiza obriga a suspender cincocentos xuízos

Imaxe de Alternativas na Xustiza

O paro indefinido apunta a un seguimento masivo, por riba de 90% segundo os sindicatos.

A primeira xornada de greve na administración de xustiza de Galiza a ponta a un seguimento moi amplo, segundo os sindicatos, que o cifran en 90%. Por volta de 2.500 traballadores están chamados a secundar o paro indefinido contra a discriminación salarial co resto do Estado. No primeiro día de greve sobre uns 500 xuízos fican suspendidos e miles de trámites non se poderán realizar.

 

Núñez Feijóo afirmou esta cuarta feira que a proposta realizada polo seu goberno aos funcionarios de xustiza, que os sindicatos rexeitan, situaría Galiza "por encima da media" das autonomías a nivel retributivo.

 

Pablo Valeiras,  un dos voceiros da plataforma que reúne a todos os sindicatos da administración de xustiza en Galiza – CIG, USO, AXG-CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG e CCOO – e que manteñen una unidade total neste conflito, explicaba: o“Isto non é unha reclamación económica, esta é unha reclamación contra a discriminación que temos os traballadores da xustiza galega fronte ao resto de traballadores da xustiza no Estado. A día de hoxe, os traballadores da xustiza galega estamos discriminados a nivel sanitario fronte a maxistrados, fiscais, secretarios. En baixas por gripe, varicela ou sarampelo eles non teñen ningún tipo de desconto e a nós descóntannos 50%. Pero os traballadores dos outros territorios do Estado tampouco teñen descontos pola gripe. Nós si”.