Seguimento total da primeira xornada de greve indefinida nas auxiliares de Navantia

O paro, convocado con carácter indefinido, para exixir o cumprimento dos acordos salariais de 2001 paralizou a actividade nos dous estaleiros da empresa pública en Fene e Ferrol.

Seguimento total e masivo da greve convocada nas auxiliares de Navantia pola CIG para exixir o cumprimento dos acordos salariais de 2001. O paro afectou tamén os estaleiros da empresa pública, en Ferrol e Fene, que ficaron paralizados.. Desde as 5.00 da mañá desta quinta feira, centros de traballadores se concentraron ás portas das factorías, establecendo piquetes.

 

A greve é indefinida. A súa finialidade é lograr que todas as empresas cumpran os acordos salariais asinados en 2001 "e que os traballadores non teñan que negociar o seu soldo cada vez que entran nunha subcontrata".

Non pode ser que que os traballadores non teñan que negociar o seu soldo cada vez que entran nunha subcontrata

"Detectamos moito ánimo e vontade de levar adiante esta folga", subliñaba Ramón Alfonzo, da CIG-Industria de Ferrol. “A pesares dos intentos de CCOO e UGT de boicotear a convocatoria, chamando os seus delegados co argumento de que hai empresas que están cumprindo os acordos e non vai con eles".

 

“A xente sabe que esta é a súa batalla”

 

A patronal do metal botou dous anos e oito meses dicindo que non a incluír os acordos das auxiliares de Navantia no convenio, lembran desde a CIG. E iso que houbo 7 días de greve nos que o estaleiro estivo practicamente paralizado. “UGT e CCOO din que agora,  con máis tempo e sen folgas, a patronal vai aceptar incluír os acordos no convenio. Pero, porque había a patronal provincial aceptar agora o que non aceptou nunca antes.

 

"A xente das auxiliares sabe que esta é a súa batalla. Máis que ningunha outra. Por iso secundaron as folgas do convenio e por iso votaron unanimemente a favor desta convocatoria de folga. Logo da devaluación salarial brutal que fixeron as empresas nos últimos anos, este é o momento de recuperar o perdido", indican desde a central nacionalista.