A ruptura do pacto social

O Banco de España non foi quén de cumprir a súa función supervisando a estabilidade do sistema bancario, mais semella que ten vagar para propór contratar por baixo do salario mínimo profesional. A Comisión  do Mercado de Valores considera que a meirande parte das entidades bancarias comercializaron a xeito as preferentes e subordinadas, descoñecendo as evidencias que demostran a súa neglixencia e mesmo complicidade no perverso financiamento de boa parte do saneamento bancario polos aforradores das clases medias e traballadoras. A Comisión de expertos nomeada “ad hoc” por Rajoy propón graves recurtes nas pensións públicas a devengarmos no futuro, beneficiando nidiamente ao sector asegurador privado ao que pertence a maioría destes expertos.

"Tensar tanto a corda pode xerar unha reacción cidadá que mesmo imposibilite a rexeneración democrática dende as bases que coñecimos. Ou dito, doutro xeito, que uns antisistema lle abran  a porta aos outros"

Os europeos acadamos a mediados do século XX un pacto social: o mercado sería corrixido por mecanismos de inclusión e cohesión social que garantirían a todos uns níveis de subsistencia digna,  unha pensión pública, quer contributiva, quer asistencial e  unha sanidade e educación universais e gratuítas, nun marco equilibrado de relacións sociais que evitaría a loita de clases. Este é o pacto social que definiu o noso sistema político e socioeconómico baseado na libre empresa, na intervención correctora pública e nun Estado de benestar alicerzado na provisión duns servizos públicos de calidade.

Velaí, xa que logo, o perigo que deriva da ruptura dos pactos ou convencións que garantían este equilibrio mixto da cohesión e inclusión social. Porque a ditadura do capitalismo financeiro é tan allea a este sistema como as solucións da extrema esquerda dogmática. Tensar tanto a corda pode xerar unha reacción cidadá que mesmo imposibilite a rexeneración democrática dende as bases que coñecimos. Ou dito, doutro xeito, que uns antisistema lle abran  a porta aos outros.