As xentes do meu País

 Escrebo da miña xente, da xente á que quero por variar.

 Escrebo da miña xente, da xente á que quero por variar. Porque non sempre vai ser escreber da falacia na que está montado o goberno municipal de Teo, que por citar algunha das últimas -mais só algunha das últimas- votou a favor dunha moción do PP en contra da violéncia de xénero por entender que, mália que concorda coas razóns dos nacionalistas en se opor a ela, apóia-a por estar de acordo coa sua forma.

Outra é o rexeitamento da cobranza da paga extra por parte do Goberno Municipal, en solidariedade “coa crise económica”. Esta medida que oculta o calote da paga extra @s funcionári@s do Concello, é unha vergoña sen límites que responde a estratéxias descaradas na busca do voto polo voto, e que en nada se diferencian daquelas que solicitan a caridade como solución aos problemas e ao final non solucionan nada.

Argumentar e tomar decisións en política desde unha perspectiva nacional e de esquerdas semella ser mais difícil do que parece. Paguen-lle @s traballador@s do Concello o que lle corresponde e deixen os malabarismos.

Eu só podo crer nun goberno nacional e de esquerdas que me garanta as contradicións xustas para me poder desenvolver, como muller e como cidadá galega, no pobo e País no que vivo.

Os xogos de artificioduran o que dura o seu efeito, ou o que tarden en volver a acendelos. Por iso é preciso que falemos hoxe desa xente que non se apaga nen cansa na vida diária e que sempre sorrí.

Das mulleres e dos homes que non acougan no empeño de confiar no País porque partillan con el o seu futuro.

Desas persoas incansábeis que sempre están en todos os conflitos interesándo-se polos problemas d@s traballador@s despedid@s; um domingo, poñamos por caso, e vai ser que é o caso.

Daquel@s que rin quando fan umha folga de fame. D@s b@s e xeneros@s que, sen prezo, pasan a sua vida traballando e desfrutando do día a día sen agardar prebendas de institución política, cultural ou universitária ningunha.

Dos e das que erguen cada mañá e, infatigábeis, prepáran-lle o almorzo @s fill@s e rematan o dia preparándo-llesa cea, sen depresión ningunha; vai ser que pouco tempo teñem para se deprimir ou aburrir e sempre con vitalidade

Daqueloutras que non contan con aforros porque nunca os terán; e daquelas que, apesarde os puideren ter, sempre estarán aí para paliar o que haxa que paliar, sen espamentos e poucas viaxes no seu haber e, claro está, con pouco cosmopolitismo.

A miña xente é así. Toda a vida tiven o priviléxio de viver, estar e arrodear-me de xente así. E como non me deixan de sorprender, ás veces acostuman a me dar algumha que outra sorpresa coa sua capacidade empreendedora, coa suas iniciativas e coas suas chamadas de “telefone”. E sempre por Galiza, rindo por Galiza, discutindo por Galiza.....

A firmeza, a confianza e a loita acompaña á miña xente. A mediocridade non cabe nela. As miñas xentes son tan singulares que non hai educación escolástica que se atreva con eles/as, que xa é difícil de crer e mais ainda nos tempos que corren.

A verdade é que non estou mais que a falar de moita da xente que conforma este Pobo.

Sei tamén que é mais doado ensinar a un/unha ignorante que eliminar un preconceito.