Cale Señor Feijóo

O grave, gravísimo, do caso Marcial Dorado, é que Alberto Núñez Feijoo é o Presidente de Galiza, quen ostenta, nada menos, que a representación da nosa Comunidade Autónoma e a ordinaria do Estado en Galiza. É dicir quen manda nunha nación ou para el nacionalidade, polo tanto quen toma decisións  sobre a nosa economía, sanidade,  educación, asistencia social, cultura, organización territorial, agricultura, industria, estratexias e planificacions de desenvolvmento, etc, etc. 

 Como o mesmo Feijoo resalta, é o Presidente de todos os galegos. Pois ben, para acadar tal dignidade, o seu historial de vida debería ser absolutamente impoluto, ou doutro xeito esa dignidade convertiríase nunha mentira, ou no que el mesmo aludiu nunha infamia.

Porén, a súas relacións con Marcial Dorado, seguramente reclamadas por este e propiciadas por un estraño buscavidas, chofer da Xunta, pero en definitiva aceptadas por Feijoo que chegaron a ser o suficientemente sólidas como para durante varios anos entaboar entre eles unha boa amizade, non deixan lugar a dúbidas de que a súa historia de vida está manchada. As fotos son soamente o mensaxeiro  do transfondo da cuestión que nos descobren que houbo viaxes de pracer, reunións, copas, xantares, festas, unha vida de ocio entre ambos os dous, presuntamente nunca delitivas pero da que gozaban un recoñecido  capo da droga, seguro que con aviesas intencións,  con un alto cargo do goberno galego dende 1995, seguro que como bo paifoco deslumbrado polo seu dorado luxo, e ao seu dicir ignorante das actividades do interfecto a pesares de ter sido xa detido doce anos antes e agocharse en Portugal.

"Exponse a que  calquera deputado da oposición, a calquera das súas diatribas respóndalle, entón con todo dereito,  “cale sr. Feijoo, amigo dun mafioso”.

Que a conciencia de Núñez Feijoo non quedou tranquila con estas relacións, próbao cando no seu día  formulou o cese do seu cargo se así o cría oportuno o presidente   Manuel Fraga,  rexeitando este a súa dimisión cando o xuiz asegurouno que non había nada xudicial contra aquel, pero aí estaba o feito no que Feijoo aínda tivo un detalle honorable que rematou cando se viu este de presidente.

Aquel conselleiro e vicepresidente, é agora Presidente da Xunta de Galicia, e as cousas cambian radicalmente. Con que facultade pode criticar agora a ninguén? Con que cara pode denunciar, por exemplo, o escracher polos desafiuzamentos ou aos que se manifestan no parlamento polas preferentes? 

Presidente de todos? non grazas. Vostede Feijoo perdeu toda autoridade, pode seguir pola súa falta de ética e decencia coa súa potestade, pero exponse a que  calquera deputado da oposición, a calquera das súas diatribas respóndalle, entón con todo dereito,  “cale sr. Feijoo, amigo dun mafioso”.

Ramón Muñiz