Opinión

Reestructurarmos o Estado

O novo Goberno italiano suprimirá as provincias, ao considerar que son unha estrutura administrativa antiga e caduca, despois da xeralizada rexionalización italiana. Mentres, o Goberno de Rajoy potencia as Deputacións co obxecto de nivelar por abaixo a prestación dos servizos nos concellos de menos de 20.000 habitantes. 

O novo Goberno italiano suprimirá as provincias, ao considerar que son unha estrutura administrativa antiga e caduca, despois da xeralizada rexionalización italiana. Mentres, o Goberno de Rajoy potencia as Deputacións co obxecto de nivelar por abaixo a prestación dos servizos nos concellos de menos de 20.000 habitantes. 

É evidente a necesidade de reeestruturarmos o Estado para aquelar unha estrutura administrativa do século XXI. Na sociedade do email, da xestión de dados accesíbel a distancia e da videoconferencia a Administración periférica do Estado (Delegado e Subdelegados do Goberno, etc.) está de máis. A provincia tamén, xa que foi unha estrutura de administración territorial do XIX que non ten sentido dende a implantación, no 1982, da Administración autonómica, coa que xera duplicidades que supoñen desbalde de cartos públicos e disfuncións na xestión, cunhas Deputacións pouco transparentes e orientadas á discriminación política das alcaldías en función da súa cor política.

"Na sociedade do email, da xestión de dados accesíbel a distancia e da videoconferencia a Administración periférica do Estado (Delegado e Subdelegados do Goberno, etc.) está de máis"

E en Madrid outro tanto. Segue a haber Ministerios e Secretarías de Estado (Sanidade, Igualdade, Vivenda, Turismo, Cultura, Educación, Deporte,  Medio Ambiente…) que tamén están de máis por duplicar estruturas da Administración competente-a autonómica, polo menos no noso País-. Moitos Ministerios están cheos de ordenanzas, conselleiros técnicos e subdirectores e directores xerais: Nin hai ordenadores nin teñen quen escreba.  Nun Estado estruturado de xeito moderno, en rede, ao xeito do século XXI, abondaría coa metade dos actuais Ministerios.

Polo demáis, cumpriría outorgarlle o monopolio da execución á Xunta e aos concellos e recoñecer que só ao Poder Galego lle correspondería a competencia de organización  e réxime local, co obxecto de aquelar as reformas territoriais precisas para unha xestión eficiente da gobernanza e dos servizos públicos.