Renunciar a ser español

Unha das solicitudes máis repetidas da emigración é a elaboración dunha Lei de Nacionalidade. Considero que se debería chamar Lei de Cidadanía, pois son moitas as nacións (con Estado no caso de Latinoamérica e sen Estado coma Galiza, Euskadi e Catalunya) que comparten unha cidadanía común e non unha nacionalidade… polo momento. 

Unha das solicitudes máis repetidas da emigración é a elaboración dunha Lei de Nacionalidade. Considero que se debería chamar Lei de Cidadanía, pois son moitas as nacións (con Estado no caso de Latinoamérica e sen Estado coma Galiza, Euskadi e Catalunya) que comparten unha cidadanía común e non unha nacionalidade… polo momento. 

Os cidadáns españois solicitaron á Administración, no máximo órgano consultivo da emigración: o Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCEE), que a cidadanía española non puidese ser retirada a capricho, como pretende o Partido Popular no anteproxecto de lei de reforma Integral dos rexistros, e se puidese renunciar a ela.

"Que un representante do Ministerio de Xustiza diga iso sobre as renuncias dos cataláns a seren xuridicamente españois é tan infantil como pretender que un catalán, por deixar de ser español, deixa de ser «todo» (español) para pasar a ser «nada» (apátrida e non catalán)". 

Un membro do Departamento de Nacionalidade do Ministerio de Xustiza español aclaraba ao CGCEE que non se podía renunciar á nacionalidade española. Puña como exemplo que o seu departamento recibía moitas renuncias escritas en catalán e eles non podían darlle curso, pois ningún cidadán podía quedar na situación de «apátrida».

Que un representante do Ministerio de Xustiza diga iso sobre as renuncias dos cataláns a seren xuridicamente españois é tan infantil como pretender que un catalán, por deixar de ser español, deixa de ser «todo» (español) para pasar a ser «nada» (apátrida e non catalán). 

Aseguraba Castelao, e repetía teimosamente Xosé Velo, que el era antes galego que español porque, de non ser o primeiro, non podería ser o segundo. Eu repetía en Caracas aos fillos e netos de emigrantes que Galiza está en España así coma os seus pais e avós estaban en Venezuela, sen ser a primeira española nin os segundos venezuelanos.