Sigo odiando falar de aborto

Sigo odiando falar de aborto, pero namentres eles obstrúan o dereito a decidir non queda máis remedio. 

O Vaticano tamén desprende hormonas esta primavera. Habemus un papa arxentino, apóstolo de San Francisco de Sales (que non de Asís) vivaracho espontáneo e que rebenta as estatísticas de despropósitos por posta en escena. 

Sigo odiando falar de aborto, pero mentres eles obstrúan o dereito a decidir non queda máis remedio. 

Parece que todo comeza no Vaticano, paraíso fiscal e moral de occidente. Case ninguén recorda ao Razinger, aquel papa pequerrecho, con aparente mal talante e para o que o aborto era a peor desgraza do mundo. Ecos dese integrista, cegaron a cabeza de Gallardón para soster a tese de ciencia-ficción do concibido-non nacido. Calquera día os embrións  rebelaránselle como gremlins malos e lamentará telos deixado nacer.

O Vaticano tamén desprende hormonas esta primavera. Habemus un papa arxentino, apóstolo de San francisco de Sales (que non de Asís) vivaracho espontáneo e que rebenta as estatísticas de despropósitos por posta en escena. 

"Na última audiencia  concedida a  800 monxas, o papa Francisco invitounas a soltar a coleta, si. Cun discurso alegórico á usanza de Escrivá de Balaguer convidounas a superar a mentalidade das «solteronas»; que curriño!".

Na última audiencia  concedida no Vaticano a unha delegación de 800 monxas, o papa Francisco invitounas a soltar a coleta, si. Cun discurso alegórico á usanza de Escrivá de Balaguer convidounas a superar a mentalidade das «solteronas»; que curriño!. Se teñen ocasión de ver o vídeo comprobarán como as religiosas escoitan atónitas o alegato de Francisco a prol da “maternidade”, da “fecundación” (da castidade) e a “reprodución” (asistida) de “fill@s espirituais”. 
Teño para min que calquera día veñen nos arrebatar a pancarta e plántanse na praza de San Pedro con un “non imos permitir que nos poñan a parir”. E as feministas, se remorsos, cortesía ante todo, cederíamoslles o paso.

E que son tempos levantiscos; ata hoxe manifestábanse as mulleres xudeas ante ortodoxos enfurecidos por reivindicar o seu espazo perante o muro das lamentacións.

Coa polémica lei de aborto emerxen xentes das trastendas do PP, tan ramplonas como Beatriz Escudero que acusa ás universitarias de abortar máis que as demais, “segundo as estatísticas”, cando as clínicas autorizadas dictan que ás universitarias practícaselles só nun 3%. 

Isto revela que a maior formación, mellor control sexual, e que a extinguida materia de educación para a cidadanía, tamén deu os seus froitos. 

"Gallardón lanza a bomba de acio. E todo o goberno dispárase e grita desde a caverna e sen condón"

Gallardón lanza a bomba de acio. E todo o goberno dispárase e grita desde a caverna e sen condón: o ministro de interior Jorge Fernández, nun símil colérico, compara o aborto con ETA. Sen comentarios. E ata Soraya Sáenz de Sta María aparentemente máis cauta declara que o aborto non é un dereito de todos os españois, o dereito a decidir sí. Enténdese, a decidir sobre a soberanía catalana. Non albiscaba eu o nexo entre Cataluña e o aborto, agás do sintagma “dereito a decidir”. Mais nun momento de lucidez comprendino: coa desintegración de Cataluña, precísanse fill@s para a patria, feitiñ@s ou tarados, tanto ten. Calquera día poñen ás monxas de Francisco a parir.

Espero que alguén máis que as feministas de sempre, pero trinta anos máis tarde, se rebele contra a reforma que pretende levar a cabo o Ministro de Xustiza.