Unha contrareforma política¡

Dí ben o Profesor González Mariñas  que a reforma administrativa suxerida no informe Sainz de Santamaría non é tal, senón unha xenuina contrareforma política. Porque a existencia de duplicidades, ineficiencias e gastos inúteis é evidente. Mais a súa orixe non foi a devolución do autogoberno a Galicia, Euskadi e Catalunya, senón, nun primeiro momento, a xeralización do “café para todos” ( teñen que xestionar Murcia e Extremadura cadanseu servizo de saúde?) e, dende Felipe González, a conservación a mantenta das  estruturas do Vello Réxime: Deputacións (só coa súa supresión gañaríamos 22 M €), Gobernadores Civís (hoxe os prescindíbeis Subdelegados e Delegados) e  órganos administrativos centrais  (Educación, Cultura e Deporte, Sanidade, Medio Ambiente, Turismo) sen sentido ningún dende a transferencia das súas competencias ás Administracións autonómicas.

"Non estamos diante dunha reforma que percure máis eficacia. Estamos diante dunha contrareforma política que quere voltar á fallida centralización secular. Á exclusión do noso autogoberno. Á nosa inviabilidade como proxecto de vida en común".

No canto da supresión de duplicidades e aforro de recursos a medio da Administración única (que sexan os concellos e as autonomías as que executen e xestionen, suprimindo a metade dos Ministerios, os Delegados e Subdelegados do Goberno estatal e máis as Deputacións) a Rajoy se lle ocorre ameazar aos galegos  con novas restricións aos servizos públicos senon suprimimos o Consello de Contas (Institución estatutaria que, por sorte, precisa dunha improbábel reforma da nosa Norma Institucional Básica para a súa desaparición), o Valedor do Pobo e algúns deputados. É dicir (outra vez nas acertadas verbas de Pablo G. Mariñas), Rajoy quere menos control político-menos Parlamento-, social-fóra Valedor-, e económico-fóra co Consello de Contas-. E non se nos diga que se pode facer o mesmo dende Madrid, porque todos sabemos que  non é  operativo nin eficiente. Mesmo nin é posíbel. 

Non estamos diante dunha reforma que percure máis eficacia. Estamos diante dunha contrareforma política que quere voltar á fallida centralización secular. Á exclusión do noso autogoberno. Á nosa inviabilidade como proxecto de vida en común.