XI. Anclaxe

SOIDADES: No filmeA xungla de Cristal, o malvado Hans dille (nunha das escenas finais) ao Bruce Willis: “semella que desta volta John Wayne non vai marchar con Grace Kelly”. McClane (Bruce Willis), corríxeo: “ese foi Gary Cooper, idiota”.

SOIDADES: No filmeA xungla de Cristal, o malvado Hans dille (nunha das escenas finais) ao Bruce Willis: “semella que desta volta John Wayne non vai marchar con Grace Kelly”. McClane (Bruce Willis), corríxeo: “ese foi Gary Cooper, idiota”.

Neste diálogo facíase referencia á película Só ante o perigo do que algúns empregan o seu simbolismo dun xeito moi sesgado: o heroe é por definición un ser solitario; os que o rodean non o comprenden. E, o máis importante, a experiencia de arranxar unha situación complicada contando unicamentecun mesmo non só e frecuente senón que tamén é gozosa. Baste lembrar a escea na que Will Kane, logo de triunfar, arroxa a insignia de shérif ao chan.

A demonización das posibles coalicións para gobernar, a presentación dun candidato sen ninguén ao seu carón, uns carteis electorais sen as siglas do Partido… feitos dos que goza Núñez Feijoo sinalando que diante ten a tres, catro, cinco partidos. Todos contra el, o heroe solitario.

E todo o que lle rodea só pode ser unha cousa: perigo.

Porén, cómpre sinalar a orixe do filme, nos anos do macarthysmo e co seu guionista, Cal Foreman, obrigado a declarar diante do Comité de Actividades Antiamericanas. Como el mesmo sinalou, a película é unha alegoría da súa situación persoal e a súa profunda soidade ante o poder: “é unha desas situacións onde un sabe que non pode gañar pero onde se sente que hai que actuar de certo xeito”.

O heroe/Foreman preséntase perdedor e só. O heroe/Feijoo amósase só pero gañador.

A diferenza exacta da impostura. 

CANDO FOMOS SETE: Aínda que Os sete magníficos esté baseada n´Os sete samurais de Kurosawa o certo que o director xaponés impregnouse de elementos do western de John Ford no proceso de filmación. Lembremos a primeira escena, unha extensa chaira, un ceo ameazadoramente nubado, uns xinetes no horizonte e… uns títulos de crédito coas grafías xaponesas.

Kurosawa e John Ford: a unha cámara que non se move máis que o estrictamente necesarios, os diálogos foxen da técnica de plano e contraplano colocando a cada personaxe nun lugar físico concreto. Pero sobre todo, a minuciosa descrición de todos os protagonistas.

Cavilemos nos sete magníficos: Chris, de negro, decidido a todo. Vin, o amigo fiel. Bernardo, tan forte como sentimental. Britt, dotado cunha extraordinaria habilidade. Lee, contraditorio, imprevisible e estraño. Harry, con poucas destrezas mais con moito ímpeto. Chico, quen non acepta un non por resposta.

Na política do fartazgo non lle importa competir ao Partido Popular (e cando o fartazgo ponse serio, sempre queda a posibilidade de modificar o código penal e así reprimir o descontento social). É o territorio do individualismo, do descreimento, da desafección, das enquisas, dos tertulianos, dos debates con quendas de dous minutos onde o medio é a mensaxe. E, insistindo con MacLuhan:

Se a roda foi unha extensión das pernas, os debates televisados na TVG son unha extensión do diálogo no ágora?

Se os candidatos son unha extensión dos partidos políticos, os heroes (solitarios) son unha extensión dun tótem?

Por veces, nalgúns intres dalgún do debates ou nalgún mitin doutro candidato, asoman persoas magníficas (e non por extraordinarias senón por aceptar que a minuciosidade da que fixeron gala Kurosawa e Ford atópase nas aristas dos homes e das mulleres: unha pausa, un mirar de esguello, unha resposta espontánea, unha idea complexa, un anoxarse sincero).

Na outra banda, toda a parafernalia habitual dos asesores excluíndo calquera atisbo de minuciosidade.

TECNÓCRATA: Un tecnócrata non é un ser minucioso. Tan só cre na posibilidade de reemprazar as decisións de tipo político e discrecionais (baseadas en criterios valorativos e éticos) por decisións no discrecionais, baseadas en cálculos, seudociencias e criterios de eficiencia. Un tecnócrata é tamén un teócrata (que ordea o mundo deixando para el o lugar de Deus): a humanidade mudou dende unha ignorancia supersticiosa que confiaba nos oráculos para predicir e decidir até unha humanidade autosuficiente grazas ao desenvolvemento da ciencia e da técnica dominada polas mentes máis prodixiosas.

Feijoode sempre transmite certa frialdade e distancia cos problemas da xente, cun toque altivo e orgulloso de máis. Desta volta,o Tecnócrata dos Peares só pode presentar como balance desta lexislatura o argumento que repite ad nauseam: o control do déficit, a situación de Galiza ao respecto doutras comunidades, o seu perfil técnico e xestor.

Os tecnócratas (ao igual que os narcisistas e os demagogos) sempre empregan as estratexias das relacións públicas para contrarrestar esa distancia cos homes e as mulleres da sociedade. En xeral, procuran a espontaneidade como truco que lles permite aparentar unha forte relación co entorno social. O nome que recibe este proceso é Astroturfing.

Consellos de supervivencia:

-Cando se faga mención (queixándose) á necesidade que ten o Partido Popular de obter unha maioría absoluta responda como MacClane: “ese foi Gary Cooper, idiota”.

-Cando alguén fale de bipartitos ou tripartitos, considere a posibilidade de responder: para esta misión precisamos, polo menos, de sete.

-Cando un candidato teña unha impostura da “cercanía”, lembre o Astroturfing pero sobre todo de onde procede a palabriña: AstroTurf é unha coñecida compañía de céspede artificial cuxos produtos tentan imitar á herba(que lle pregunten a Lewis Hamilton na carreira do domingo).

Creo que case ningún galego confundiría unha cousa e outra, así que os astroturfers quizais se trabuquen e o que vale en Chicago non vale en Santiago (desculpen a rima cutre).