Dépor: acurrulado no deserto

Preguntabámonos onte se o cambio visto ante o Valencia sería un espellismo ou realmente sería un cambio positivo. 

 

Preguntabámonos onte se o cambio visto ante o Valencia sería un espellismo ou realmente sería un cambio positivo. Só houbo que esperar unha semana para ver que o cambio non era un oasis. É certo que Víctor Fernández mercou algo máis dun partido no mercado do creto a curto prazo. Está claro que non vai ser polo partido en Barcelona co Espanyol por onde o perda, e, sobre todo, porque pasado o apuro, o encontro rematou coa porta a cero.

Pero a verdade é que o Deportivo sufriu. Viviu noventa minutos asoballado, acurralado, pechado no seu campo. A imaxe dos herculinos estivo moi lonxe da que deu en Riazor co Valencia, mais ben pareceuse á das primeiras sete xornadas.

O equipo de Víctor Fernández renunciou ó ataque. Entregouse a que lle saise unha contra coa que intentar vivir de rendas. Pero ao Dépor faltoulle o balón, estivo moi lonxe da portería de Casilla e case todos os seus pases foron erros non forzados, ou dito doutro xeito, todos os balóns que posuían os deportivistas acabaron nas botas dos españolistas. O Dépor xogou perigosamente na zaga evidenciando perdas de balón e imprecisións que alimentaron as posibilidades dos pericos para dar caza ós branco e azuis rivais.

Contratempo

Só houbo un futbolista que estivo brillante. Fabricio salvou o Dépor dunha nova derrota. As súas accións, moitas na segunda metade, foron decisivas. A lesión de Lucas Pérez puido ser un contratempo, pero nos minutos nos que o coruñés estivo no campo o equipo xa sufría.

Só houbo un futbolista que estivo brillante. Fabricio salvou o Dépor dunha nova derrota. As súas accións, moitas na segunda metade, foron decisivas

Unha vez máis, preocupa a posición e o traballo que aporta Medunjanin. Deu mostras de febleza defensiva. Cando baixa á defensa transmite inseguridade. A balón parado confírmase que é un valor. Pero para aproveitar ese recurso hai que estar moito máis cerca da área rival e provocar situacións de perigo que acaben en falta. Cavaleiro traballou incesantemente, pero moi atrás, tanto que estivo moito tempo en campo propio. Cando se incorporaba ó ataque chegaba sen folgos.

Aínda é cedo para saber se os trocos de Víctor Fernández son unha boa referencia. 

Coa media inglesa (unha vitoria en casa e un empate fóra) as contas poden dar para eludir o descenso, pero parece utópico pensar que este Deportivo será quen de manter esta estatística. Semella máis terreal practicar a filosofía cholista, a do partido a partido. Ollaremos o vindeiro partido en Riazor para ver se o Dépor volve atopar un oasis ou se á vista permanece o espellismo.