Dépor: o retrovisor quedou en Segunda

Aínda é demasiado cedo para abrir o caderno vermello e subliñar as liñas que non se poden traspasar no Deportivo este ano.

 

Aínda é demasiado cedo para abrir o caderno vermello e subliñar as liñas que non se poden traspasar no Deportivo este ano. Pero ou se actúa rápido, apuntalando o equipo, ou pronto veremos derramar pingas encarnadas nos seguintes renglóns que están por escribir neste curso deportivista.

Sorprende que tendo todo o verán por diantre para fichar, un longo verán, e sabendo con tempo suficiente que o equipo tiña todas as bazas para lograr o ascenso, sorprende, repito, que o equipo comece a competición a medio facer e sen armar. Pero así é. E precisa fornecerse pola parte máis sensible do equipo: no eixo da zaga. En descargo, pódese excusarse en certo grao desta esixencia se temos en conta que hai un novo consello de administración ó que se lle debe ter en conta unha xustificada falta de experiencia na complicada tarefa de atar xogadores.

 A defensa está en “modo construción” e pendente de polo menos de dúas incorporacións

Fóra panos quentes, o certo é que non se comprende que se as críticas realizadas a José Luis Oltra a última temporada na que vimos ó Deportivo en Primeira agora, sabendo os gustos do novo adestrador deportivista, Víctor Fernández, se peque do mesmo defecto. Daquela as críticas se centraron polo descoido en materia defensiva. Certo é que ese descoido non era por falta de efectivos, senón pola falta de traballo defensivo. Agora, a defensa está en “modo construción” e pendente de polo menos de dúas incorporacións, xa que co sistema co que pretende xogar Víctor Fernández precisa doutro tipo de especialistas na zaga. E ollo, porque as novas incorporacións que aínda están por chegar esta semana debe acertarse de cheo porque nese acerto ha de estar gran parte da fortaleza e a base para lograr a permanencia.

Marxe para erros 

Co Granada viuse que tal como xoga este novo Deportivo precisa dunha defensa máis rápida, máis contundente e con moito oficio e galóns. En Primeira División non hai marxe para erros e menos se estes veñen ante equipos que estarán na loita por evitar o descenso, primeira obriga e primeiro obxectivo a cumprir polos branco e azuis esta temporada.

Sorprendeu que non fose titular Haris Medunjanin, o home que con seguridade será o director de orquestra do equipo

Con todo, non todo foron malas sensacións, aínda que fora previsible o resultado tras seguir unha pretemporada na que xa se observaba por onde podían vir os problemas. A primeira metade, cando o físico respondía con forza, o equipo coruñés gustou e mostrou detalles interesantes. Luis Fariña e Cavaleiro cumpriron sobradamente. Laure, un pulmón, moi traballador, como sempre. Pero sorprendeu que non fose titular Haris Medunjanin, o home que con seguridade será o director de orquestra do equipo. A calidade que ten fai que o peso do xogo teña que pasar necesariamente polas súas botas. E pasará. Ao tempo.

O Dépor está en Primeira. Mudou o conto. Pasaron os vellos tempos. Ao Dépor caéuselle o espello retrovisor. Ten que acostumarse, polo menos de partida, a mirar os rivais de fronte. Sobre todo a aqueles equipos que son os da súa Liga. Comezar ben é fundamental. Non e un bo sinal arrancar a competición co equipo sen afornar. 

Co Rayo en Riazor

Ollo coa idea de morrer coas botas postas! Igual hai que saber ver o cadro de xogadores co que hai que traballar e logo pensar en como hai que xogar.

Por iso, é fundamental non tropezar onde o obstáculo a saltar é dun nivel asumible. E o Granada estaba a nivel.

A vindeira cita é en Riazor co Rayo, outro equipo da Liga da permanencia. Os de Paco Jémez, que ansía agradar pensando no seu futuro máis ou menos próximo en terras herculinas, é seguro que empregarán toda a intensidade e o seu bo facer para levarse os tres puntos da Coruña.