Río, mar, xenocidio

En Galicia somos un pobo solidario, defensor das causas e dos colectivos vulnerables. A nosa reacción contra o xenocidio que está a cometer Israel coa xente de Palestina é das máis firmes e exemplares de Europa. Aquí non nos escandalizamos por expresións que abarcan do río ata o mar. Somos río de solidariedade e mar de condena. No debate do luns na CRTVG, o popular Millán Mon reaccionaba ás palabras de apoio da nacionalista Ana Miranda ao pobo palestino reprochándolle non ter pronunciado Ucraína.

El non volveu empregar a palabra no que restou de debate. Foi boa representación da política europea ante a causa palestina. Como en todo crime é necesaria complicidade, o papel da UE, equidistante cando non amiga de Netanyahu, debe mudar. Temos agora a oportunidade de expandir a nosa voz en Europa. Un río de votos para o mar de compromiso que Palestina merece.