1.000

[Xoán Costa]

Os abusos sexuais a menores no seo da Igrexa Católica española pode que sexan obxecto de investigación no Congreso. Dicemos pode pois falta por coñecer cal será a decisión do PSOE, adiada para despois das eleicións en Castela e León. Evidentemente non é a única fórmula a do Congreso, (nen -poden dicer - a Igrexa Católica a única a investigar) mais sexa a forma a que for, de pouco vai servir se non varía a posición da xerarquía eclesiástica de que non é necesaria tal investigación porque "sólo hay unos pocos casos" que non chegarían a mil desde 1943 e que, parece ser, tiveron o seu momento álxido na década de 1970, datas que coinciden co franquismo pleno e co pleno apoio da Igrexa aos seus crimes.

O Evanxeo de Mateu, 25:40 recolle, sob a fórmula, Xesús dixo aos seus discípulos, as seguintes palabras "o que fagades a algún dos meus irmáns pequenos, facédesmo a min". A mesma idea aparece noutras tres ou catro pasaxes bíblicas. Daquela, quen non entende que non é só cuestión de número?