Pídechas o corpo?

Valeiráronte por dentro. Quitáronche os peitos. Cortáronche o pelo. E con todas as enrrugas vestíndote...

Valeiráronte por dentro. Quitáronche os peitos. Cortáronche o pelo. E con todas as enrrugas vestíndote, fuches sempre a muller máis linda e sabia do mundo. Porque ser muller é unha condición que unha asume. Porque ser muller é unha loita diaria que unha leva consigo até o último día. Por iso ensináchesme a crer na igualdade e a non partillar con ninguén que non renuncie de antemán aos privilexios que lle viñeron dados por ser home nun patriarcado, porqueos os desprezo igual caos dun monarca nunha monarquía.

"Todas somos infindas, coas nosas particularidades pero con algo en común. Somos mulleres nun sistema patriarcal que nos afoga e non nos permite ser donas de nós mesmas".

Conmemorouse o Día Mundial Contra a Violencia Machista. É curioso dedicarlle soamente unha data ó ano a un suceso que acontece nas nosas vidas todos os días. Igual de curioso é que a loita e o cansanzo dos demais 364 días do ano que soportamos se visibilice soamente o 25 de novembro. Iso sí, cunha campaña intitucional que apela a caras de homes para relacionar que o verdadeiramente masculino é non pegar as mulleres.

E agora serei unha histérica (que ben moi a conto) por falar deste xeito. Serei unha histérica por sentir e sufrir o que é o día a día das mulleres, esa parte da poboación mundia que representamos máis dun 50%. Maís xa coñecemos métodos abondo para curar a histeria, moitos deles ben pracenteiros. Agora só queremos xustiza e igualdade para todas.  

En todas entra Vanessa, migrante Colombiana que non ten papeis e traballa na limpeza sufrindo acosos e vexacións continuas por ser estranxeira e muller. Uxía, que está estudando bioloxía e sofre agresións nocturnas, tamen é todas. Ou Said que é arxeliana. Non entede porque a xente a mira dun xeito estrano pola rúa por levar un pano na cabez. Ela é invisible. Paula é puta. Dende que exerce foron moitas as violacións e vexacións que leva sufrido. Tamén Carmia, unha muller de 87 anos que en Tordoia que é totalmente dependente e agora ten á súa sogra coidándoa. Teresa é a nora de Carmiña. Deixou o seu traballo nunha tenda de roupa para coidar a Carmiña.  Lorena é lesbiana e está farta de que a miren mal por bicarse ou ir da man coa súa compañeira Rocío. 

Todas somos infindas, coas nosas particularidades pero con algo en común. Somos mulleres nun sistema patriarcal que nos afoga e non nos permite ser donas de nós mesmas. Dos nosos sentires, dos nosos afectos, dos nosos corpos e das nosas decisión e dos nosos ritmos. Máis nun sistema hetereopatriarcal que non entende que cando unha muller di NON é NON.

Por iso, falar do 25 de Novembro é falar de todos os días. Violencia de xénero é cando un sistema non respeta os ritmos biolóxicos e psicolósicos dos nosos corpos. Violencia de xénero é cando un home se cre con autoridade para tocarme o cú cando estou tomando una cervexa nun local. Violencia de xénero é cando teño que soportar miradas babosas que me fan sentir incómoda cando camiño pola rúa. Tamén é violencia cando vou en vestido porque me vexo linda e cómoda e me pregunta unha rapaza da miña idade se non teño frío. 

"Cando unha ten medo todas estamos para defender, porque se algo aprendimos é que xogamos no terreo do enimigo, perpetuado máis se cabe polas últimas políticas do PP, e se unha berra todas atacamos, porque tocar a unha é tocarnos a todas".

Tamén é violencia machista cando chamo a unha empresa para pedir un orazamento e me solicitan falar co meu xefe cando eu son a miña xefa. Violencia de xénero é infundirme medo na casa co conto de que me acompañe algún amigo cando volva pola noite, noi vaia serque me fagan algo. E berro con raiba, son muller e son libre! Non quero acompañantes, quero camiñar segura e sen medo, como calquera persoa, sen ter ningún espazo vetado. Pero a verdade é que esta muller non son eu, esta muller somos moitas de nós que xa non aturamos máis este sitema e decidimos organizarnos e combatilo!

Moitas veces enchémonos de carraxe e choramos as escondidas por vergoña, máis sobre todo porque moitas veces sabemos que ninguén nos vai entender porque iso da igualde “xa está superado”. Mentres nós sentimos que nos están agredindo e non somos quen de identificar a nin a agresión nin ao agresor ou agresora.

Non hei ser eu quen negue a existencia do terrorismo machista físico que este ano xa leva asasinado máis de 45 compañeiras en todo o Estado. Berrarei e denunciareino sempre que coñeza da súa existencia, pero este xeito de violencia é o máis recoñecible. O propio Estado xa se encargou de Instituconalizalo e explcarnos o que é e o que non é violencia machista. Nembargantes, o certo é que a maior parte das mulleres do mundo sufrimos unha violencia machista estructural moito máis sutil que se extende coma unha pandemia. O terrorismo psicolóxico que non patea. 

Ademáis de ser moitas veces a antesala do físico, o psicolóxico cada día emprega métodos máis sutís de agresión que o fai menos identiflicable entre nós. Esta muda lévanos a unha perda de referentes que  fai que a alerta estea posta nas nosas cabezas as 24 horas do día pero aínda así sabemos que non imos dar un paso atrás. Por iso nos organizamos. Por iso partillamos as nosas experiencias e por iso nos intentamos axudar e acompaña. Por iso facemos do ser muller unha aposta pola sororidade universal interseccional. Por iso cando unha ten medo todas estamos para defender, porque se algo aprendimos é que xogamos no terreo do enimigo, perpetuado máis se cabe polas últimas políticas do PP, e se unha berra todas atacamos, porque tocar a unha é tocarnos a todas.

Poderíame parar a facer unha análise sobre a situación á que nos expoñemos as mulleres nestes últimos dous anos de goberno do Partido Popular. Os recortes en sanidade, en educación, os recortes nos coidados e servizos sociais, a próxima lei do aborto...  pero ese día foron os temas de moda dos xornais. Lembrade, o 25 de Novembro tod@s somos iguais.    

 

Este artigo foi escrito co gallo do 25 de Novembro