E agora que
Despois de mais de catro meses dende o lamentabel acidente de tren de Angrois pouco a pouco apaganse as voces en casi todos os medios de comunicacion e mesmo deixou de ser tema de conversacion nos mentideiros populares, lease bares,perruquerias etc, incluso como conversas teloneras do futbol.
Despois de mais de catro meses dende o lamentabel acidente de tren de Angrois pouco a pouco apaganse as voces en casi todos os medios de comunicacion e mesmo deixou de ser tema de conversacion nos mentideiros populares, lease bares,perruquerias etc, incluso como conversas teloneras do futbol.
"Non sabemos ainda -eu non sei e miro a prensa diariamente- si as medidas de seguridade demandadas por todos xa estan funcionando".
Por eso, coa claridade que da o tempo transcurrido e aproveitando a iniciativa parlamentar do dia de hoxe (3/12/2013 quixera facer algunhas consideracions.
1- Non sabemos ainda -eu non sei e miro a prensa diariamente- si as medidas de seguridade demandadas por todos xa estan funcionando. Parece que esto xa non importara moito e a seguridade sigue en mans de unha soa persoa: o maquinista.
Tampouco fai falla que nos digan que eso que tantos demandamos, que foran dous maquinistas, nin se considerou. Tanto da Renfe como Adif, todos son responsables, mesmo a administracion. Ou mais ainda sobre todo a administración e tampouco fago distingos entre a estatal ou a autonomica, porque si ben e certo que que as infraestructuras ferroviarias son competencia do ministerio (administración central) tamen e certo que pasan por territorio galego, e foron construidas, cando menos teoricamente, para a modernizacion e intercomunicacion do territorio galego. Logo, a Xunta algo tera que decir, tanto na xeometria (radios, pendentes, tipo de carris, ancho de via, etc) como nas medidas de seguridade. Entre outras cousas a administración debe velar pola seguridade dos administrados, do contrario non sei para que queremos unha administracion propia.
2.- Tamen é grave que nos esqueceramos de que o AVE non resolve os problemas das mercadorias. Esto, a nivel económico, desvirtua a propia existencia do medio de comunicación e ademais non favorece sinon que perxudica a necesaria intercomunicacion entre vilas, (porque ou non pasa por elas ou non para). Tampouco é unha solución para os usuarios que, dados os precios do AVE, escollen o avión como xeito mais rápido de chegar a Madrid (parece que a única función do AVE é chegar a Madrid mais axiña)
"Ninguen fala dos Ferrocarris Galegos. Non se volveu considerar a posibilidade de facer un ferrocarril de via estreita que puidera comunicar as vilas, cidades, polígonos industriais, portos, aeroportos... "
3.- Ninguen fala dos Ferrocarris Galegos. Non se volveu considerar a posibilidade de facer un ferrocarril de via estreita que puidera comunicar as vilas, cidades, polígonos industriais, portos, aeroportos... do pais e, consecuentemente, servir para artellar poboación e industria ó servizo do Pais
4.- Finalmente creo que as administracións, especialmente as locais, debense preocupar e mesmo ocuparse de que cando o AVE ou a Velocidade Alta (que non é o mesmo, pero é igual) entre nas respectivas cidades, o faga de xeito correcto, asegurandose de que a situación das estacións actuais sirva para o novo acceso (cuidando de que radios, pendientes e consecuentemente, velocidades sexan adecuadas). Para a seguridade non é determinante que unha estación sexa ou non intermodal, sinon que esté perfectamente situada para permitir o correcto acceso da via. As consecuencias de que esto non sexa así poden ser semellantes ás de Angrois.