Pena de morte

Veño de escribir sobre Pardo Bazán, nun monográfico dedicado á escritora1 , concretamente sobre a súa postura encol da pena de morte (declárase recalcitrante detractora) desenvolvido na súa novela “A pedra angular”.

Veño de escribir sobre Pardo Bazán, nun monográfico dedicado á escritora1 , concretamente sobre a súa postura encol da pena de morte (declárase recalcitrante detractora) desenvolvido na súa novela “A pedra angular”.

Na historia das nacións hai unha ruta cara á civilización que se inicia na reducción gradual de atavismos. O máis brutal de todos, e sostido ata os nosos días por moitos Estados é a Pena de morte: o ollo por ollo pervive en moitos códigos penais, incluso de Estados democráticos.

"Nos mullericidios as parellas masculinas tómanse a xustiza pola man respondendo a un atavismo que compatibiliza o comportamento cortés e correcto coa aplicación da máquina letal".

O Estado español aboliu a pena de morte, parcialmente na Constitución de 1978; en 1985 adheriuse ao Protocolo da convención Europea que mantiña a pena no caso de guerra. En realidade, a definitiva extinción non chegou ata a LO de 1995, en que foi abolida do Código penal militar.

Non sabemos desde cando data esta complicidade humana co castigo principal. Os axustizamentos formaban parte dos espectáculos públicos aos que levaban ata as criaturas de curta idade. A propia pardo Bazán asistiu ao penal da “Cárcel Modelo” de Madrid para documentarse mentres escribía A pedra angular. 

Dentro ou fóra dos estados de excepción, das crises ou das guerras, a abolición da pena de morte non chegou, privadamente, ao colectivo muller. Nos mullericidios as parellas masculinas tómanse a xustiza pola man respondendo a un atavismo que compatibiliza o comportamento cortés e correcto coa aplicación da máquina letal. “Era un home moi educado, algo tivo que pasar...” Non digo que o delito os asasinatos de mulleres sexan ben vistos, en xeral; pero case sempre se atenúan con expresións que non deterioran a imaxe do asasino: foi “arrebato espontáneo, irreprimible”. Semella que detrás do asasinato dunha muller existise unha lei de Talión asumida socialmente: quen a fai, merece morrer. 

"Para as mulleres inda non se aboliu a pena de morte; nin a cadea perpetua, na paz e na guerra. Vivimos nun permanente estado de excepción...estou lendo a nova doutra asasinada esta mañá". 

Dicíame un profesor de instituto -desculpando o arrebato violento, dun alumno despechado, contra a súa ex-noiva- “É que “hai-que” ser fiel”. A dependencia e o sometemento parece ser algo conxénito para as mulleres .A lóxica do ollo por ollo, aplicado a quen se sae da liña recta. A maioría das mulleres que romperon o costume, merecen o castigo. Non se dá por conquistado un territorio mentres non se somete as mulleres.

Comprobámolo estes días coa brutal ofensiva yihadista no norte de Irak. As mulleres que non se convirten ao islamismo son violadas e convertidas en escravas sexuais. Tamén a comunidad internacional reclamou a liberación das duascentas rapazas afganas. Os bárbaros, asasinan a homes e nenos, pero no caso das mulleres non se conforman con liquidalas; precisan sometelas para seguir colonizando os seus corpos e mentes, perpetuar o seu castigo desas infieis. 

Para as mulleres inda non se aboliu a pena de morte; nin a cadea perpetua, na paz e na guerra. Vivimos nun permanente estado de excepción...estou lendo a nova doutra asasinada esta mañá. 

1 Ágora de Orcellón. Instituto de Estudos Carballiñeses, agosto, 2014.