Opinión

25 de xullo, día da patria galega

É un día de celebración e solidariedade.

Día no que Bautista Álvarez pronunciaba un discurso alentando a compañeiras/os a extender a conciencia nacional, organizando aqueles que viven na Galiza. Un día de solidariedade no que non esquecimos ós pobos sometidos polos imperialismos, palestinos, saharauis,… Hoxe, despois do franquismo, e cando a chama segue acesa, a situación da nosa patria segue a ser de explotación colonial. As ameazas que de se cumprir poden ferir  profundamente as xentes traballadoras do mar ou do campo, son probas certas da situación que soporta a nosa terra. Temos as eolicas terrestres e a mariña, a macrocelulosa de Altri,as minas…Agravada pola manipulación dos medios ó servizo dos  capitailstas e intermediarios do PP e PSOE.

Voltemos ao dia recordando as palabras dos nosos clásicos.

Castelao en Sempre en Galiza, L. primeiro, a. III, fala do recoñecemento de Galiza polo IX Congreso das Minorias Nacionais Europeas, adscrito a Sociedade das Nacións. E do  recoñecemento pola Terceira Internacional como nación asoballada.E di o que é unha nación “como ser real, non unha idea”. Apela a Stalin na definición de nación porque èl “no problema das nacionalidades abraza, con decisión, o ideal patriótico das libertades”… “Da solución ós pobos diferentes... e sostén praitacamente o derradeiro é mais racional tipo de federalismo”.“Nación é unha comunidade estable, historicamente formada de idioma,territorio, de vida económica e de hábitos psicoloxicos reflexados nunha comunidade de cultura. Somentes a eisistencia de todo-los siños distintivos, en conxunto, pode formar a nación”. (Stalin).

Bautista Álvarez  (Viveiro 2008) polo Día da Patria Galega dí “o día da nosa nación convocouse na etapa da clandestinidade co rótulo Día da Patria Galega … Non esquezamos o xentilicio…O nacionalismo organizado despois da guerra civil, no ano 1968 a UPG convocou a celebrar o Día da Patria Galego no Obradoiro… Como testemuña unha pancarta na Ferradura “Viva Galiza Ceibe e Socialista”… Nós chamaóslle Día da Patria Galega. A diferenza entre Patria e Nación non é profunda nin contradictoria. O concepto nación e obxetivo, vinculàmonos a nación pola língua, cultura e territorio. Na patria, unidos polo afecto. A nación na sangue, a patria no corazón”. Celebremos o Día da Patria Galega.

Galiza Ceibe, Poder Popular.

Viva Galiza Ceibe e Socialista.

Comentarios