Ninguén nos pode amordazar

Asistimos horrorizadas, con raiba, ás cifras de mulleres asesinadas pola violencia machista, cifras tan elevadas, que nin a sociedade politicamente correcta, pode ficar indiferente; as institucións, partidos politicos desposeidos de tintes feministas, institucións relixiosas, agrupacións deportivas ou calquer outra forma de organización social concéntranse en contra de morte dunha muller a mans do seu maltratador, faltaria máis!!!! ...algo avanzamos, o noso discurso foi quen de barnizar a conciencia social, ou simplesmente, “.. non é de recibo que ninguén mate a outra persoa..”,  por desgracia cada dia que pasa penso que moitas veces isto é o que realmente pesa na mensaxes desas concentracións. Non son precisas as cifras, xa é un fracaso social o asesinato dunha soa muller maltratada.

Ninguén pode amordazarnos

Ninguén pode asoballarnos 

Niguén pode desfigurar o mapa das nosas vidas

Ningunha lei pode restrinxir os nosos dereitos, ningún home é dono das nosas vidas.

Non teñen dereito a controlar, manipular, organizar, abusar, tutelar as nosas vidas.

Silenciarnos, invisibilizarnos, ocultarnos...

"Asistimos horrorizadas, con raiba, ás cifras de mulleres asesinadas pola violencia machista, cifras tan elevadas, que nin a sociedade politicamente correcta, pode ficar indiferente"

Asistimos horrorizadas, con raiba, ás cifras de mulleres asesinadas pola violencia machista, cifras tan elevadas, que nin a sociedade politicamente correcta, pode ficar indiferente; as institucións, partidos politicos desposeidos de tintes feministas, institucións relixiosas, agrupacións deportivas ou calquer outra forma de organización social concéntranse en contra de morte dunha muller a mans do seu maltratador, faltaria máis!!!! ...algo avanzamos, o noso discurso foi quen de barnizar a conciencia social, ou simplesmente, “.. non é de recibo que ninguén mate a outra persoa..”,  por desgracia cada dia que pasa penso que moitas veces isto é o que realmente pesa na mensaxes desas concentracións. Non son precisas as cifras, xa é un fracaso social o asesinato dunha soa muller maltratada.

Dende o feminismo activo fico abraida e teimosamente cabreada porque penso que barnizarmos as  súas conciencias, que lles permite ser politicamente correctos,  rouban parte do noso discurso e pechan o debate en  falsa, en torno a violencia de xénero.

Mentras non identifiquemos seria e profundamente a esencia da violencia contra as mulleres, na escola, na educación, nas institucións, nos valores dos fogares, na sociedade, non daremos pasos firmes cara a erradicación da violencia machista, cuia esencia mesma esta na desigualdade entre sexos, nas fondas raices dunha sociedade patriarcal que perpetúa o somentimento das mulleres, apoiada en creenzas relixosas como base de transmisión de ditos valores.

Conductas de posesión e control , nas relacións persoais que oprimen e limitan a liberdade  dunha muller para  ser dona da súas meta, dos seus desexos para se dona de si mesmas. A diversidade de conflictos nos sentimentos amorosos non ten nada que ver coa mentalidade de posesión e sometimento nas relacións sexuais e interpersoais, na que se asenta a mente dun suxeito machista e polo tanto desigual e oprimente; categorizando ás mulleres coas que manten unha relación ( noiva, roio, muller , nai...) como súas, que pode manexar e contolar  ao seu antoxo.

"Mentras non identifiquemos seria e profundamente a esencia da violencia contra as mulleres, na escola, na educación, nas institucións, nos valores dos fogares, na sociedade, non daremos pasos firmes cara a erradicación da violencia machista"

Educar e transmitir  valores como subliminar as relacións de parella, para sentirnos plenas, baseándose en atopar a nosa media naranxa, cando todas e todos somos naranxas completas lévanos a sumerxirnos e enrolarnos,  en relacións nas que enmascaramos calquer atisbo de machismo de control nas nosas vidas..(..“.. ten un mal dia e pídeme perdón sempre que levanta a voz..”..” enfádase si non sabe con quen falo no facebook ou no whassap..quereme esta sempre pendente do que fago e gústalle saber todo de min..”..” é lóxico que non queira que saia soa, eu non fun ningunha santa..”...” esta moi estrasado polo traballo ou polo paro..e o agobio, normal que se cabree..” ...). xustificar conductas  como estas, e outras que non din como temos que vestir, sair,  e divertirnos son a cadea na que se asenta o  inicio do maltrato, somos xa a propiedade  e a media naranxa dun machista, cumplindo o rol que se espera de nós sumisas, consoladoras, abnegadas mulleres, da igual que teñan unha posición ou outra, unha carreira ou un certificado de escolaridade, xa estás atrapada na telaraña dun maltratador.

O maltrato fisico, xa o seguinte paso na cadea do maltrato cotidián e reiterado, márcase na psique como as pegadas no corpo, permanece visibles ou non, até minar a autoestima e os resortes da nosa liberdade. Como eres miña mátote si queres ser libre.

 E a pesar de leis decretos e declaracións de intencións a violencia machista esta lacrando a vida das mulleres, esta intensificandose nas xeneracións máis novas que xa viviron tras un barniz de igualdade, non podemos quedar nesa capa de barniz porque somos donas dos nosos corpos e das nosas vidas.
 Pero moito queda por facer, moito queda por mudar,  as feministas fomos quen de motivar cambios na lexislacións, nas declaracións de organismos internacionais, introducir o discurso na sociedade, e digo introducir  e influir no discurso, pero ficou neso, porque o feminismo incomódalles molesta, cuestiona  e racha este mundo machista e patriarcal. 

Chegamos a relaxarnos ou confundirnos tras estes brotes lilas, máis as raices do machismo están fortemente ancladas na educación, na cultura, na mentalidade, nos medios de comunicación, nas creenzas permanecendo inalterable na esencia desta sociedade patriarcal. 

"A nosa batalla  como feministas é diaria e politica, levando o discurso a todas as esferas da sociedade, dende as casas, ao barrio, as relacións laborais, as crenzas".

Asi é que seguen a lexislar sobre a  o noso corpo,  somos corpos tutelados, dos estados e do lexislador, o debate  sobre o aborto  é un dos exponentes máis visibles do control sobre os nosos corpos. Somos evas ou marias somos o esteriotipo das crenzas relixosas que influen na sociedade e na vida politica. Somos corpos de batalla e mercadoria.

O mundo mudará será libre e pleno para as mulleres cando o feminismo invada todas as esferas “politicas da sociedade” e do mundo,  as relacións entre mulleres e homes basaranse na igualdade, na liberdade e no respeto á diferencia.

A nosa batalla  como feministas é diaria e politica, levando o discurso a todas as esferas da sociedade, dende as casas, ao barrio, as relacións laborais, as crenzas, a intolerencia ao machismo e ao machista ten que unánime. Queremos vivir como donas libres da nosa vida, do noso corpo, e dos nosos desexos, desbotamos roles e esteriotipos machistas que oprimen ás mulleres e aos homes de cabeza ben estructurada. 

As politicas deben ser reflexo dunha concepción feminista para ser realmente liberadoras, na lexislación, nos recursos e nos discursos.