Agora Repúblicas

Agora Repúblicas é a coalición electoral na que se presentou o Bloque Nacionalista Galego ás eleccións europeas xunto a ERC e a EH Bildu. Respecto ás anteriores europeas, nas que se presentou a mesma coalición, ERC baixou en votos e o BNG e EH Bildu aumentáronos. Bildu está nun momento de ascensión electoral e non é pensar sen ter argumentos contrastados que en poucos anos tanto a formación vasca coma o BNG van ser quen de gobernar en Euskadi e mais na Galiza.

A baixada en votos de ERC hai que lela en clave das diferentes fases polas que atravesa o independentismo catalán. A forza destas tres organizacións independentistas e nacionalistas ten un futuro asegurado, pois revalidou a confianza da cidadanía nun momento no que non era fácil polo auxe da extrema dereita e o populismo. E, aínda así, o soberanismo de esquerdas foi quen de ter uns moi bos resultados.

As nacións sen estado do Estado español están atravesando un momento idóneo que España vai ter que afrontar no seu próximo ciclo político. Os referendos de autodeterminación pactados van ser algo do que non poida fuxir a nación española, porque España é unha nación ao igual que a galega, a catalana e a de Euskal Herria, a diferenza de que nós somos unhas nacións que buscan a súa liberación e a nación española oprime tanto xudicialmente coma pola forza a galegos, cataláns, vascos, canarios… é dicir, as nacións minoritarias.

Se temos forza en Eupopa teremos máis fácil combater para alcanzar a independencia dos nosos países.