Amnistía

Vén de ser aprobada a lei de amnistía polo Congreso dos Deputados en España e hai organizacións que reclaman unha lei que cubra a máis persoas, isto demostra que esta non é unha lei radical.

O 1 de outubro do 2017 fíxose en Catalunya un referendo de autodeterminación non pactado con España, este foi fortemente reprimido pola Policía Nacional e pola Garda Civil. Esta forte represión levou a algúns enfrontamentos coas forzas de ocupación españolas.

Produto de todo o dito anteriormente meteron no cárcere aos líderes independentistas cataláns que quedaron en territorio ocupado por España e exiliáronse outros coma Puigdemont. Penso que foi tan lexítimo afrontar o cárcere coma exiliarse.  Xa nos anos oitenta o independentismo catalán tiña presos e exiliados.

Non é verdade que Puigdemont viva no exilio a corpo de rei, viviría moito mellor en Barcelona coma President da Generalitat.

Pero non só pasaron por dilixencias xudiciais Junqueras, Puigdemont, Jordi Sánchez, Jordi Cuixart e outros. Hai máis cidadáns descoñecidos pola sociedade que teñen problemas coa xustiza polos acontecementos do 1 de outubro do 2017.

Conseguir a amnistía foi moi positivo e logo de estar todos estes líderes políticos sen causas pendentes tería que facerse un pacto que posibilite un referendo de autodeterminación legal en Catalunya.

Deberíanselle de dar poderes á Generalitat para facer posible a convocatoria de ese referendo.