Comitès de Solidaritat amb els Patriotes Catalans

No ano 1981 ingreso no PSAN. Este forma parte xunto a IPC (Independentistas dels Països Catalans) da Organización Antirrepresiva Comitès de Solidaritat amb els Patriotes Cataláns (CSPC) que apoiaba os presos de Terra Lliure e exiliados.

Entro a formar parte dos CSPC e alí relaciónome con Eva e Blanca Serra representantes do IPC no Secretariat Nacional e con Pere Ros i Deola representante do PSAN.

Daquela aínda non se creara a Front Patriótica Moviment de Defensa de la Terra (MDT) que sería onde máis intensamente traballarían os mozos do PSAN.

Eva e Blanca Serra eran irmás de Josep María de Calassanç Serra i Puig líder naquel momento de Terra Lliure. Tamén coñecín no PSAN a Jordi Puig, que estivera na prisión militar por asaltar o cuartel de Berga xunto a outros cataláns fundadores de Terra Lliure e de xente da ETA político-militar. A idea fora entrar ao cuartel para facerse coas armas e repartilas entre cataláns e vascos. A entrada foi todo un desastre. Tiveron que disparar e espertaron a todo o cuartel. Así foi como caeron presos moitos dos membros do comando.

Os Comitès encargáronse da defensa de Jordi Puig, Pere Basconte, militantes do EPOCA máis do RCAN e o ERAT.

Foi toda unha experiencia importante o meu paso polos Comitès.