PSAN e Terra Lliure

No 1968 escindiuse da Front Nacional de Catalunya (FNC) un grupo de militantes que pasan a crear o Partit Socialista d'Alliberament Nacional (PSAN), que abraza a ideoloxía marxista-leninista e pretende crear un Moviment Nacional-Popular.

Dez anos despois (1978) nace a organización armada independentista catalá Terra Lliure. Dentro de Terra Lliure hai militantes do PSAN, partido que dá apoio á organización armada.

Pere Bascompte, líder de Terra Lliure e membro do PSAN, estaba na prisión de Carabanchel (1983) cando de súpeto lle entregaron unha orde de liberdade. El decatouse de que aquilo tiña que ser un erro administrativo. Saíu do cárcere despois de falar con membros da comuna de ETA onde estaba integrada Terra Lliure. O saír do cárcere lembrou que ese mesmo día tiña prevista unha visita coa súa parella, esperou por ela para avisala de que non entrara e así se descubrira o erro antes de darlle tempo de chegar a Catalunya Nord en territorio administrativo francés.

Unha vez conseguiu pasar a fronteira púxose a traballar no agro. Lembro uns días que pasamos na súa casa visitando a zona.

Así pois, PSAN e Terra Lliure son partido comunista e organización armada que conviven ata a disolución de Terra Lliure.