Repetimos: “Bono taxi para os discapacitados”

Xa teño dito noutro artigo que as persoas cunha discapacidade que nos impide utilizar o transporte público deberíamos ter un bono taxi. Non se trata de que non paguemos un taxi adaptado senón de que tivéramos unha cantidade ao mes subvencionada. Sería ter unha tarxeta como a do transporte metropolitano pero para os taxis.

Eu que me movo en cadeira de rodas eléctrica teño que facer uso dun taxi adaptado para facer múltiples xestións que non podo realizar coa cadeira eléctrica supoñéndome isto un reembolso importante de cartos.

Habería que repensar todas as políticas que afectan as persoas con discapacidade e adaptalas á realidade. Falamos de transporte público, barreiras arquitectónicas, residencias, centros de día, servizo de axuda no fogar…

As políticas sociais teñen que ser un pilar fundamental do Estado de Benestar. Os máis necesitados destas políticas temos que ser fortes e reivindicar de xeito organizado os nosos dereitos.

É por iso que estamos na tarefa de organizar unha asociación sen ánimo de lucro para traballar defendendo unhas condicións dignas para os usuarios do Servizo de Axuda no Fogar. Para iso temos un whatsapp (683514062) habilitado para comentar con usuarios e familiares problemas que poidan xurdir.

Temos que loitar por unhas políticas en servizos sociais que nos sexan dignas.

Defendamos os nosos dereitos organizándonos!