Vivir e morrer dignamente

Según a miña forma de pensar a vida e a morte só teñen sentido se se levan dignamente.

Na vida hai momentos complicados como a enfermidade ou a chegada da vellez. O sistema ten previsto para estes casos o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e as residencias que na súa maioría son privadas e polo tanto moi caras.

A morte ten casos donde vai acompañada de fortes dores e sufrimento. Nestes casos hai que buscar por todos os medios que as persoas que están nesa situación non sufran. Según o meu pensamento a eutanasia para a morte e bos coidados con axuda económica para a vida en enfermidade.

O SAF é unha boa opción para a vida pero ten moitas eivas por iso queremos formar unha asociación sen ánimo de lucro que controle como se aplica, para iso está habilitado o whatsap 683514962 para poñernos en contacto os que levamos esta idea.

Tanto o SAF coma as residencias terían que ser públicas e expulsar o capital privado, que só busca o seu interés económico, dos servizos sociais.

Temos que ampliar o Estado do Benestar para que o vivir e morrer dignamente sexa un dereito máis.