Opinión

Munch, eólicos e pandemia: paradoxos e contradicións en nome do desenvolvemento rural sustentábel

“Eu paseaba con dous amigos ao solpor, o ceo ficou repentinamente vermello sangue... había linguas de fogo sobre o azul escuro do fiorde e sobre a cidade. Eu tremía de angustia e sentín o grito infinito da natureza”, escribiu Munch en 1892. O artista noruegués Edvard Munch (1863-1944) rexistrou estas palabras no seu diario en referencia ao acontecemento que o tería inspirado a pintar seu cadro mais coñecido, O Grito.

O grito infinito da natureza pode servir como metáfora axeitada ao presente contexto marcado pela degradación ambiental e chama a atención para os efectos negativos da presión humana sobre os recursos naturais e para a urxencia de adoptar modelos sustentábeis, é dicir, capaces de equilibrar o progreso con o respecto ao medio ambiente. O Grito, como alerta de desespero sobre a actual crise ambiental e civilizadora, gaña especial relevancia cando pensamos no proxecto de instalación dun parque eólico de 22 aeroxeradores de 5,5 MW e 198 metros de altura no concello de Barxas próximo ao Courel. Este proxecto, casualmente pertencente a un grupo de empresas compatriotas de Munch, de capital público noruegués, súmase a outras tentativas (moitas delas xa executadas) que supoñen unha grave agresión ao noso patrimonio natural de montaña, xa fai tempo ferido de morte.

Que mellor momento que este, en plena pandemia da Covid-19, causada pola degradación e desequilibrio dos ecosistemas, para abordar os impactos da destrución do hábitat natural desde un punto de vista macro e analizar as súas conexións coa saúde ambiental. Para recoñecer a función de protección integrada que a natureza nos ofrece gratuitamente e que podería continuar nos proporcionando, sempre e cando non a sigamos esnaquizando. Que mellor situación que esta, na cal o illamento social e as consecuencias da pandemia están facendo que moitas persoas opten pelo éxodo urbano na procura de máis calidade de vida no campo, para protexer e defender o patrimonio rural, incluída a súa identidade emocional e sensorial. Que mellor contexto que este, de freada brusca da demanda enerxética devido ás medidas restritivas para o enfrontamento da pandemia, para deseñar unha planificación ordenada e equilibrada da desexábel e urxente redución enerxética. Para cambiar substancialmente a nosa relación coa natureza, realizar mudanzas transformadoras no modelo de desenvolvemento e nos patróns de consumo e apostar por unha verdadeira transición enerxética, ecolóxica e xusta.

The_Scream_by_Edvard_Munch,_1893_-_Nasjonalgalleriet

Esta non é unha historia sobre ecoloxistas e esquerdistas que berran e protestan por todo e que se opoñen ao progreso tecnolóxico. Pola contra, trátase de sentido común, de preguntarse se todo vale en nome da tal “enerxía limpa”, aínda que que sexa atropelando a riqueza natural, paisaxística e emocional que impregna as nosas zonas de montaña máis prezadas.

A este paso, é posíbel que a próxima vez que visites O Courel o fagas cunha actitude menos contemplativa e máis desesperada. Da túa axuda, compromiso e solidariedade na loita e defensa do patrimonio natural e cultural de montaña dependerá que non se che quede o mesmo rostro de espanto de O Grito, nin que ese sexa o insensato legado que deixemos para as próximas xeracións

Comentarios