Derrubarmos as barreiras

Defender a permanencia de Catalunya no Estado español ou de Escocia no Reino Unido é digno e lexítimo, como tamén é lexítimo defender outro camiño. O que non haberían valer son as trampas argumentais.  Como a de que unhas hipotéticas Escocia ou Catalunya independentes ficarían moitos anos fóra da Unión Europea.

Defender a permanencia de Catalunya no Estado español ou de Escocia no Reino Unido é digno e lexítimo, como tamén é lexítimo defender outro camiño. O que non haberían valer son as trampas argumentais.  Como a de que unhas hipotéticas Escocia ou Catalunya independentes ficarían moitos anos fóra da Unión Europea. Iso non é certo, ou, polo menos,  certo de todo xuridicamente. Mais, por riba de todo, non sería unha situación lóxica, nunha Europa que integra Estados que acadaron a súa independencia nos últimos 40 ou 50 anos, como Malta, Chipre, Eslovenia, Estonia, Lituania, Letonia (todos con menos poboación ca Galicia), Chequia ou Eslovaquia. Cando Catalunya e Escocia son dous países medios e plenamente integrados nos  mercados europeos.  

"O que non haberían valer son as trampas argumentais.  Como a de que unhas hipotéticas Escocia ou Catalunya independentes ficarían moitos anos fóra da Unión Europea. Iso non é certo, ou, polo menos,  certo de todo xuridicamente".

Esta caste de argumentos tenta pór unha barreira psicolóxica de medo ao dereito a decidir. E anticipa novas barreiras: se queredes decidir de voso deixamos de ser amigos, clientes/proveedores e mesmo bos veciños. Reacción certamente absurda. Onde é que nacen as fronteiras?

As permanencias, as identidades partilladas  e os proxectos de futuro han de se basear no acordo, na vontade. No “foedus” ou pacto. Nunca na imposición. Os pactos, tamén, han construir un proxecto de futuro e para iso só compren certas cesións de medios e potestades. É lóxico que Europa leve as políticas de defensa, diplomática e unifique as políticas fiscais e monetarias. O que non pertence á lóxica é que España pretenda blindar a festa dos touros, reter competencias en educación e sanidade ou impedir que a xustiza, o saneamento marítimo, a seguridade pública, os aeroportos e portos de interese xeral sexan transferidas ao Poder galego. Para garantirmos, precisamente unha mellor xestión e un mellor benestar, mais tamén porque resulta de sentido común e de xustiza, ao non ser esas competencias  precisas para construir un proxecto de convivencia común na España.

Velaí que os separatismos, históricamente, teñan nado en Madrid, París, Londres, Moscova ou Belgrado. E que moitos unionismos sexan o peor aliado de moitas unidades.