A Europa das persoas

A desafección cidadá a respecto do proxecto europeo xurde dun sistema institucional afastado e incomprensíbel. Nin os xuristas comprendemos unha andamiaxe institucional moi complexa, onde o Parlamento vai gañando competencias, pero non é a base única de lexitimidade nin de poder institucional, onde a Comisión  Europea non é aínda  un auténtico Goberno e onde os Estados reteñen as funcións esenciais, nomeadamente no que atinxe ao pulo da transformación constitucional da Unión Europea. 

A desafección cidadá a respecto do proxecto europeo xurde dun sistema institucional afastado e incomprensíbel. Nin os xuristas comprendemos unha andamiaxe institucional moi complexa, onde o Parlamento vai gañando competencias, pero non é a base única de lexitimidade nin de poder institucional, onde a Comisión  Europea non é aínda  un auténtico Goberno e onde os Estados reteñen as funcións esenciais, nomeadamente no que atinxe ao pulo da transformación constitucional da Unión Europea. Estados que desenvolven un xogo duplo, porque sempre aproveitan para lle botar as culpas á Unión das decisións impopulares que adoitan eles propios no Consello Europeo.

"Se os cidadáns non entenden un sistema político europeo que dista aínda de ser democrático e se a política monetaria do Banco Central Europeo xerou tanto malestar social non é extraña esta desafección". 

Outro factor de desafección é un Banco Central Europeo  independente de toda dependencia democrática. Un Banco Central non pode ser un Departamento administrativo calquera, precisa dun certo “status” que garanta a súa autonomía e actuación profesional. Mais non pode asumir o rol de dirección da política monetaria europea sen se vencellar ao benestar das persoas. Porque nesta crise a súa absoluta e incomprensíbel independencia e máis a obsesión constitucionalizada polo control da inflación xeraron as condicións dunha perfecta treboada. E cando Draghi actuou con seriedade na defensa do euro para garantir a liquidez do sistema, atopámonos con que o BCE non podía financiar territorios nin Estados como Banco de derradeiro recurso, senón que tiña que facelo a medio duns bancos que aproveitaban esa barra libre de liquidez para axustar cadanseus balances recebindo diñeiro ao 0,50 e prestándollelo aos Estados ao 3,5% , mentres as empresas aguniaban pola falla de circulante.

Se os cidadáns non entenden un sistema político europeo que dista aínda de ser democrático e se a política monetaria do Banco Central Europeo xerou tanto malestar social non é extraña esta desafección. Mais só dende dentro é posíbel transformar a Unión, a medio dun conxunto de reformas institucionais e políticas que recuperen a democracia e a proximidade. A medio de reformas que constrúan a Europa das persoas.