A opacidade e a vulneración de dereitos nas residencias

A opacidade na dependencia é absoluta e abarca todos os ámbitos da mesma, de maneira particular nos centros residenciais, vai da inspección ao parlamento, tanto é así que, non so se vulnera a lei de transparencia e bo goberno, se non tamén, a maioría dos dereitos como usuarios e consumidores, e chegaás propias traballadoras as que obrigan a asinar cláusulas “de confidencialidade” en relación o traballo desenvolvido (non se refire so a datos ou información persoal). Cremos que esta práctica é rexeitable, porque: que encobre realmente? Propiedade intelectual? Innovación? Ou máis ben malas prácticas? A que teñen tanto medo os xestores das residencias?.

Lembramos que a falta de transparencia é unha das condicións que favorece o maltrato institucional e a corrupción.

A día de hoxe non se respectan nin os dereitos legalmente recoñecidos como si o ingreso nunha residencia xeriátrica supuxera a perda dos mesmos.

A situación é tan kafkiana que os familiares vense demandando cousas tan básicas fora das residencias como: coñecer o prezo da comida que pagan ou non pagar por servizos non prestados, e demandan dereitos como: acceso a información, cumprimento das condicións establecidas no contrato, a tutela das administracións públicas ou unha alimentación axeitada, respecto aos dereitos humanos....

En materia de inspección e supervisión

A Consellería de Política Social denega aos denunciantes, retorcendo a lei de transparencia,  o acceso aos expedientes das súas propias denuncias, limitando a defensa dos seus dereitos, esta opacidade beneficia so as residencias e trata de ocultar a inacción ou a complicidade con elas, da consellería de Política Social , facendo cada vez mais escura toda a súa actuación.

Os cidadáns deberían poder saber  cantas denuncias ou queixas se presentaron contra o centro no que van ingresar.

Esta ocultación da deficiente labor de inspección e supervisión, por parte de Política Social (a inspección de Sanidade, directamente se desentende das residencias), permitiu a moitas residencias traballar, sen respectar nin os dereitos máis básicos dos dependentes, consolidando con esa complicidade da xunta, unha situación de abandono,  maltrato institucional e neglixencia xeneralizados, que se evidenciaron nas consecuencias fatais do COVID, as mais denunciadas resultaron ser as máis mortais da primeira onda. 

En dereitos ao consumidor

As residencias están nunha posición de abuso permanente do usuario, quebrantando dereitos básicos e fano co coñecemento, a inacción e a complicidade da Xunta.

Abuso consiste en que moitas residencias, suban cada ano, arbitrariamente, o grao de dependencia aos residentes á marxe de valoracións oficiais e suban os prezos, alegando que o residente precisa máis coidados, pero non contratan máis xente para dar eses coidados, tan so os cobran.

Negase tamén información como o custo diario da comida dos residentes ou quen o nutricionista que avala esa dieta, ou si ten titulación, calquera que acude a un profesional ten dereito a coñecer e verificar a súa titulación e neste caso miles de usuarios non teñen ese dereito.

Cobrase a comida cando o residente non come alí, incluso DomusVi cobra a comida aos residentes que usan alimentación parenteral, facilitada pola seguridade social. Descoñecer algo como o prezo da comida non é un tema menor xa que creemos que o que se oculta e que poderían estar “alimentando” aos residentes con menos de 5 por persoa e día, e ademais dificulta  poder reclamar os cobros indebidos.

Cobrase polo uso dos colchóns antiescaras, ou por cortar o pelo, que por normativa vai incluído como servizo básico.

Tampouco se fan cargo de gafas, próteses, cadeira de rodas, roupa, reloxos, calzado etc. de persoas dependentes que se rompen ou se extravían.

Habitualmente incúmprense o contrato e as propias obrigas legais, pola falta de persoal e por non cubrirse as baixas, nin vacacións, días libres, etc., de fisioterapeuta, de enfermeiras, animadora, persoal de limpeza ou coidadoras,etc. . poder reclamar estes servizos non prestados, non é unha cuestión meramente económica, senón que a través destas reclamacións, se podería forzar a que as residencias cumprisen coas súas obrigas, pero resulta imposible reclamar cando Inspección  de Política Social sempre topa todo ben e cando se descoñecen os custos de cada servizo, agás ir pola vía xudicial, algo moi caro e de moi incerto resultado.

No parlamento e na política

Outra mostra de opacidade é que se oculte, a sociedade e aos propios interesados, a composición e os traballos do comité asesor, que está a traballar nun suposto novo modelo de residencias, en realidade tan so en pequenas modificacións do actual.

Tan implicada esta a Xunta en ocultalo todo que, no parlamento galego, tamén se negan a informar as deputadas da oposición sobre todo o relacionado coas residencias, parece  que hai moito que ocultar.

A non investigación do acontecido na pandemia da Covid

Nas residencias con COVID a desinformación foi parella a mentira a prioridade de Xunta e patronal, foi a ocultación da realidade, para maior dor dos familiares.

A día de hoxe, aínda non se deron os datos reais de mortes por COVID en residencias, anteriores a agosto, xa que neses meses os derivados a  hospitais foron camuflados coa mortalidade do resto da sociedade, manipulando e rebaixando así as cifras reais de falecidos en residencias, segundo o seu interese.

 A xunta non  investiga e a Xustiza tampouco, os familiares e dependentes sentímonos tratados como hostís por ambas administracións, non como vítimas, ante as nosas denuncias xudiciais non se permitiu práctica de ningunha proba solicitada pola  acusación ( agás a declaración dos querelantes ), actitude que non axuda a coñecer a verdade, de feito ante 800 mortos evitables, non se abriu, de oficio, ni unha investigación oficial, nin xuíces, nin fiscais, nin Xunta, as consellerías de política social e sanidade, non iniciaron nin o primeiro expediente de investigación as residencias con máis mortos, nin se permitiu a creación dunha comisión parlamentaria… nada de nada;  parece que todas as administracións miran, a vez, para outro lado e fan oídos sordos as denuncias presentadas. Temos a impresión  de vivir unha autentica conspiración de silencio e de que xustiza neste pais, está moi lonxe do que as vítimas esperabamos dela.

Nin sequera se intentou saber porque nunhas residencias ( Aldán, Barreiro, San Lázaro ... ) os contaxios foron masivos e noutras en cambio se controlou con so 3 ou 4 contaxios, porque, nas residencias privadas, un residente tiña 24 veces máis probabilidade de morrer que nunha pública….; coñecer, que se fixo ben e que se fixo mal, permitiría afinar os protocolos de prevención fronte a 2º e 3º ondas e salvaría vidas, pero a necesaria investigación non interesaba a ninguén e cedeu protagonismo aos intereses de Feijoos e Josefinas, e as residencias seguiron sufrindo contaxios masivos e mortes evitables.

De haberse investigado, habería residencias expedientadas o pechadas e mesmo algúns responsables das residencias e da administración poderían estar na cadea.

A solución

Ante a inhibición das administracións e o abuso permanente das empresas a única solución pasa necesariamente pola mobilización cidadán, por uns servizos públicos para a dependencia, onde o único obxectivo das residencias sexa prestar un bo servizo non o seu propio enriquecemento e onde a administración asuma as súas responsabilidades coa dependencia, para comezar o camiño vaise facer o próximo domingo 27 de xuño en Compostela unha manifestación a prol dos servizos públicos para a dependencia, convocada pola Plataforma galega polos Servizos Públicos a Dependencia na que esperamos que se manifeste a cidadanía.