No centenario de César Leal

Brasil celebra o centenario dun dos poetas contemporáneos máis importantes que consolidaron un espazo transcendental para a poesía brasileira das décadas 40-50 do pasado século. Sen dúbida, este poeta do Ceará e instalado na capital do estado de Pernámbuco. César Leal (Ceará, 1924-Recife, 2013) irrompeu na poesía brasileira en 1957, un dos creadores literarios máis importantes daquela época. Poetas que levou ao Brasil a encontrar as esencias máis singulares da creación poética, convertido nun enorme investigador. No mencionado ano, publica: “Invenções da Noite Menor”, que acadou unha enorme celebridade. A este libro, seguiron: “Tambor Cósmico”, “Os Heróis” e “O Arranha-Céu e Outros Poemas”.

Todo un conxunto de títulos nos que César Leal articulou os valores máis profundos da idiosincrasia poética brasileira. Neste caso, Leal visualizou plasticamente a comicidade que nos tributa a súa refinada sensibilidade poética. En “Tambor Cósmico” revélase como o poeta da innovador. A este respecto o poeta Cassiano Ricardo, autor do prólogo deste poemario, confirmou: “Tambor Cósmico inaugura, como o título indica, o mundo a que chamei dos sobreviventes, mas de forma mais eficaz”.

No libro César Leal poeta e crítico de Poesia, organizado polo escritor canadiano Sébasten Loachim, a este libro prestoulle atención o crítico Mário Élio: “O conhecimento teórico e a erudição não comprometen a poesia nem limitam o alcance da vição de César Leal, ao contrário do que acontece co movimento concretista que tem uma visão estreita numa consepção aberta do poema”. Tamén a crítica Ana Lúcia Lependa, considerou a poética de Leal da seguinte maneira: “Acentuadamente polisémica, por estar vinculada a sensações que englobam uma vigorosa experiência do mundo objectivo, o qual, na sua exteriorizarao, se expresa lírica e dramaticamente numa cisão subjectiva em torno de ser para ser”.

Outro dos críticos máis atentos á poesía de César Leal, Clodomir Monteiro, fixo alusión a algúns dos atributos de “Tambor Cósmico”, precisando: “O mundo concreto dos cérebros, livros, máquinas, computadores e registos de toda a espécie se articulam co territorio comum do leitor e autor, separados na sua subjectividade individualizada, juntos pela experiência estratificada do mundo das coisas, repensada, criticada e renovada permanentemente polo diálogo”.

A poética de César Leal, en todos os casos, adquire unha dimensión universalista naqueles  conceptos  en que podemos distinguir a beleza, nos seus aspectos máis clásicos. A súa orixinal estrutura encádrase nun ámbito de matemática poética, de diversos procesos creativos temporais e transcendentes. Con relación a isto, António Vidon, dixo: “A transcendência e a forma de superação da experiência fragmentada, aqui é percibida como procura de ser (...) Evidentemente, há múltiplas formulações na obra poética de Leal que confirmam essa visão do parcial e, também da totalidade cósmica”.

Fun un afortunado ao coñecer e tratar a César Leal naquel Congreso literario celebrado en Recife en 2007. Despois deste evento fun varias veces a esta cidade, capital de Pernambuco, foi unha amizade moi frutuosa, en varios ambientes e persuasións literarias,  nos recatos máis amplos da crítica poética e doutras abordaxes. Neste seu centenario, veñen ao meu maxín aquelas incisivas palabras sobre as diversas direccións da poesía brasileira en súa grandeza universal. Do mestre César Leal, gardo ese enorme legado de amizade e de todos os seus libros que non deixo de apreciar as ideas transformadoras da súa pedagoxía ética e estética que consolidaron o seu pensamento tan desvelado na súa poesía e no seu criticismo literario. César Leal, sempre na memoria e nesta humilde homenaxe, no ano do seu centenario.