Visca Catalunya Lliure!

A conquista do normal é hoxe un acto revolucionario. Debería ser normal que unha nación puidese decidir libremente o seu futuro.

 

A conquista do normal é hoxe un acto revolucionario. Debería ser normal que unha nación puidese decidir libremente o seu futuro. Non o é no Estado español, que é xeneticamente unha estrutura imperialista e que, por tanto, é irreformábel. Como o eran o Imperio austro-húngaro ou o zarista. Que non se reformaron, simplesmente foron varridos do mapa.

As catalás e os cataláns formaron hoxe unha fermosa cadea, multitudinaria. Unha cadea para se liberar, bonito paradoxo. Queren conquistar o normal

Catalunya será finalmente o que queira ser, porque non hai maneira de parar a un pobo cando se pon en marcha. Os reaccionarios das diferentes correntes teñen en contra o vento da historia. Son reaccionarios os españolistas ultra, claro, mais tamén aqueles light que non acaban de entender que España é como é e non hai que facerlle. Pareceume hoxe un chisco lastimoso escoitar a Joan Herrera laiarse de que el é federalista, mais non atopa con quen federarse. Coitadiño. Ser hoxe iso, federalista, é ser tan pro-español como ser unionista sen complexos. Non sei se algunha vez houbo realmente a oportunidade real de ir cara á unha federación multinacional. Hoxe ese escenario é utópico porque os españois están noutra cousa. Están na hexemonía dunha nación sobre as outras. Están no que están desde hai séculos, desde a doma e castración de Galiza (finais do século XV), desde a invasión de Navarra (1520), desde a destrución das liberdades catalás (1714).

As catalás e os cataláns formaron hoxe unha fermosa cadea, multitudinaria. Unha cadea para se liberar, bonito paradoxo. Queren conquistar o normal. O mesmo que miles de galegas e galegos queremos para o noso pobo.