Estado español

Debate do estado da nación ou a nada como existencia

Chegou o outono. Escoito estourar as castañas no lume como un eco da memoria esquecida. Non podo deixar de pensar que o debate do estado da nación galega tamén ficou esquecido. Logo dunha semana xa é historia. Ou se cadra minihistoria. 

"NON PODE SAÍR DEBALDE CONVOCAR UN REFERENDO ILEGAL"

Feijóo, en plan ministro de Rajoy, a Mas: "Non se lle pode botar un pulso ao Estado"

O presidente do goberno de Galiza continúa coa súa campaña de declaracións contra o presidente do goberno de Catalunya.

SOCIAL

Grave empeoramento do estado de saúde da enfermeira galega atinxida polo ébola

Romero sufriu un "fallo respiratorio importante", segundo informaron fontes do Hospital Carlos III.

Parlamento
#DEBATENACIONGZ14

A sesión parlamentar, minuto a minuto

Quenda dos grupos parlamentares após o discurso de Núñez Feijóo. Aquí podes seguir o minuto a minuto do principal debate político do Parlamento galego.

POLÍTICA

‘Galiza si!’: O debate sobre o estado da nación inaugúrase nas redes da man do nacionalismo

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, avanza esta sexta feira nas redes o debate nun encontro virtual con todos e todas @s internautas que queiran formular preguntas, propostas ou calquera iniciativa.

O estado das "four nations"

O conflito entre o Estado e Catalunya é basicamente un conflito de natureza política

O insomnio do estado dicotómico permanente

Xa hai un par de semanas que non consigo durmir. A cada segundo intento concentrarme e procurar o motivo que me ten cos ollos abertos cada día deste mes e non o consigo.... 

ECONOMÍA

Galiza, o territorio onde menos se incrementa o investimento do estado

Os Orzamentos do Estado prevén para 2015 un 8,16% máis no investimento estatal. Porén, Galiza só percibirá un 2,12% máis, o menor incremento após a cidade autónoma de Melilla. 

ECONOMÍA

O Estado non ten diñeiro abondo para garantir os depósitos bancarios

En teoría, o Estado debe responder dos depósitos das e dos aforradores até a cantidade de 100 mil euros por titular e conta. Mais o diñeiro en efectivo do que dispón neste momento o Fondo de Garantía de Depósitos non é suficiente para garantir os aforros das e dos particulares. A venda de NGB e Catalunya Banc aumentou o buraco do FGD.

SOCIAL

Máis un feminicidio no Estado español

O crime machista aconteceu en Móstoles (Madrid). A cifra de feminicidios ascende a 51 no que vai de ano. Seis deles na Galiza.

SOCIAL

Asasinada máis unha muller no Estado español pola violencia machista

Ana María Márquez é a quinta muller asasinada pola violencia de xénero no conxunto do Estado en menos dun mes.

ECONOMÍA

O Estado podería asumir con fondos públicos máis de 2 mil ME en perdas de NGB

Un informe publicado pola Comisión europea revela que o Estado asumirá as perdas polos litixios abertos con anterioridade á venda da entidade financeira. 

A fondo 340 220
COMUNIDADE SERMOS

Un ollar A Fondo sobre as restricións do Estado español á Xustiza Universal

As presións de China e Israel están por detrás dos recortes á aplicación do principio de xurisdición universal no Estado esapañol. As últimas modificacións na LOPX afectan  a causas como o ataque ao Mavi Marmara ou o caso Couso. Analízamolo neste A Fondo coordenado por Esculca.

Angrois: o Estado continúa a safar

Pasou un ano da traxedia de Angrois. Un ano marcado pola impunidade

SOCIAL

Aumentan as denuncias por violencia machista no Estado

Na Galiza o Sergas rexistrou en 2013 perto dun milleiro de informes por lesións, a maior parte en mulleres de 20 a 24 anos. No conxunto do Estado producíronse no primeiro trimestre de 2014, 338 denuncias ao día.

GZ Videos
Galiza

Moción do BNG nos concellos a prol dun proceso constituínte e do dereito a decidir

A democracia non cadra cun sistema “vitalicio” “establecido pola graza de Deus”, “machista” e “hereditario”. Por esta razón, o BNG está a presentar nos concellos unha moción encamiñada a superar o modelo institucional do Estado Español e recoñecer o dereito a decidir, despois da abdicación do rei Juan Carlos I. 

Gallardón
POLÍTICA

O PP prevé presentar a reforma da lei do aborto sen consultar o Consello de Estado

O goberno español estaría a estudar a posibilidade de iniciar a tramitación da contra-reforma do aborto sen solicitar informe ao máximo órgano consultivo do Estado que, no seu momento, avalara a constitucionalidade da actual lei de prazos.

quiosque
POLÍTICA

O golpe de Estado en Tailandia lexitimado nun chío

Implacábel observador, Cosme Torreiro non deixa pasar nen a primeira. E o rastrexa todo. As redes sociais, tamén.

Galiza pola soberanía
INTERNACIONAL

Só o 25% da poboación do Estado defende o actual marco autonómico

Un terzo móstrase de acordo con que os territorios que queiran realicen referendos de autodeterminación. O 26,2% decantaríase por un modelo federal ou por recoñecer o dereito á independencia. 

ucraína
INTERNACIONAL

A 80 días do golpe do Estado: cara á onde vai o conflito na Ucraína?

Após a independencia de Crimea e os referendos en Donetsk e Lugansk, expertos e analistas apuntan diferentes escenarios nos que podería evoluír o violento conflito desatado logo da toma do Goberno de Kiev por grupos dereitistas, con presenza moi relevante de neonazis, que gozaron da complicidade occidental.