A oposición en bloque pedira a dimisión de José Manuel Pichel após transcender que o seu departamento alugara por 5.000 euros ao mes unha nave propiedade dunha empresa da que até hai pouco foi administrador.
O presidente da Deputación da Coruña e secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou onte o potencial da Galiza na produción de enerxías renovábeis e defendeu un modelo de "participación pública par un asunto estratéxico como é o da enerxía".
As cifras relativas ao empréstito de libros que a Xunta fixo públicas no día en que as bibliotecas celebraban o Día do Usuario, efeméride recollida no calendario do libro e da lectura da Galiza, contrastan coas partidas orzamentarias que o Executivo galego adxudicou para o funcionamento e a dotación das bibliotecas galegas durante o próximo ano.