Antonio Palacios

Edificio García Barbón, en Vigo.
star
Reportaxes

O 'espírito' da Galiza nas obras de Antonio Palacios: 150 anos do nacemento do arquitecto do Porriño

A historia da cultura galega está tan chea de feitos e persoeiros que todos os días do almanaque atopariamos efemérides que celebrar. Entre outros, neste 2024 é o 150 aniversario do nacemento no Porriño (comarca de Vigo) do xenial arquitecto galego Antonio Palacios, a un tempo que a Academia Galega de Belas Artes dedica o Día das Artes Galegas (1 de abril) ao escultor de Cambados (O Salnés), Francisco Asorei. Dous nomes que viven e beben dunha mesma ansia nas súas pescudas artísticas, a do "espírito" de Galiza.
Maqueta do proxecto urbanístico para Vigo de Antonio Palacios.
star
CULTURA

2024: un ano para redescubrir Antonio Palacios e a súa "personalidade poliédrica"

O 8 de xaneiro pasado fixo 150 anos do nacemento do arquitecto porriñés Antonio Palacios, unha figura esencial no decorrer da arte galega cuxa obra, non obstante, continúa sen ter o recoñecemento que merece. Unha exposición na Coruña centrada nos seus debuxos inicia un ano de actividades sobre o seu traballo que tentará deitar unha nova mirada sobre a súa importancia.