cultura

CULTURA

Aparece un volume de “Cantares Gallegos” cun autógrafo, unha foto inédita de Rosalía e a resposta de Fernán Caballero

Unha foto inédita, uns versos autógrafos e o texto de resposta de Fernán Caballero a unha dedicatori de Rosalía compoñen o revelador conxunto que agochaba un volume da primeira edición de Cantares Gallegos que chegou a mans do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. O volume incorpórase á mostra sobre Rosalía aberta en Vigo polo 150 aniversario da publicación da obra.

Conmemoración no Pico Sacro do 2012
CULTURA

O “Alba de Gloria” sentirase de novo no cumio do Pico Sacro

A federación de asociacións culturais 'Galiza Cultura' convida por terceiro ano a subir ao Pico Sacro o próximo día 20 de xullo para unha lectura pública do Alba de Gloria de Castelao, en lembranza da rota recorrida polo autor de Sempre en Galiza. Denuncian a “estratexia de destrución cultural diante da ofensiva españolizadora”. 

Uxia
CULTURA

Uxía ofrece cancións que emocionan no ciclo “Pel de galiña” no Gaiás

Co seu canto, Uxía porá a “pel de galiña” ao público que asista ao seu concerto este venres día 12 no Gaiás. Estará acompañada do portugués António Zambujo e subirá ao escenario cunha banda galego-brasileira composta por Sérgio Tannus, Paulo Silva e Xoán Porto. 

Festival de Ortigueira
CULTURA

Ortigueira quenta motores para a 29 edición do Festival Internacional do Mundo Celta

Dende principios da semana, a chegada dos folkys facíase notar na vila cantábrica. O bo tempo augura unhas xornadas de luxo xunto a un cartaz con forte presenza galega e no que Gwendal regresa após oito primaveras

Som da Triga tocarán no Festival do Condado
CULTURA

A SCD do Condado demanda apoio social para o Festival da Poesía

O Festival da Poesía do Condado está a recoller fondos a través dunha plataforma na rede para a súa XXVII edición que terá lugar os días 30 e 31 de agosto. A “Desobediência”é o lema do encontro poético organizado pola SCD do Condado que chega ao seu 40 aniversario. 

Festigal'13
Galiza

Festigal'13: Música, cultura, deporte e soberanía

Nao, Sés, A Quenlla e Festicultores encabezan o cartel musical dunha edición que viste a camisola deportiva da Liga nacional de billarda e do fútbol gaélico. Imaxe capa: Xan Muras

The Homens
CULTURA

The Homens volven xuntarse dous anos despois para un concerto xunto a Samesugas

A máis importante banda do power pop galego regresa puntualmente para ofrecer un concerto en Compostela nunha sesión vermú en plenas festas de Compostela. 

Marga Ledo
CULTURA

Máis de vinte cineastas confirman a participación no “Proxecto Nimbos”

Máis de vinte cineastas confirmaron xa que van participar no “Proxecto Nimbos” unha iniciativa que parte do crítico e programador de cinema Martin Pawley e os seus compañeiros do blog “Acto de Primavera”. Comprométense a elaborar unha pequena peza audiovisual con “Nimbos” de Díaz Castro como referencia. 

Barbara Lynn
CULTURA

A lenda do blues Barbara Lynn abrirá o Outono Códax Festival en Compostela

Unha lenda do rythm&blues abrirá o Outono Códax Festival o 28 de setembro. A mítica Bárbara Lynn estará en Compostela no festival de música negra que terá coas The Chiffons un peche de excepción. 

Xurxo Souto
CULTURA

Xurxo Souto pon o ramo ao Crânio de Castelao: "A comunicación na lusofonía é total, sen peneira algunha"

O escritor e músico Xurxo Souto pecha a historia do Crânio de Castelao despois de ter pasado por mans de once escritores de catro continentes e cinco países no ámbito da lusofonía.

CULTURA

Maskarpone gaña o concurso Revenidas: Do Ourense Tropikal ao Vilaxoán caribeño

Maskarpone, un combo de ska, reggae, festa e diversión, foi a gañadora entre as 21 bandas participantes no concurso de bandas nóveis Revenidas 2013. Actuarán o 18 no Festival de Vilaxoán, toda unha referencia.

embarcacións tradicionais
CULTURA

A cultura marítima europea ten cita en augas galegas: O Freixo

O XI Encontro de Embarcacións Tradicionais, que decorrerá do 11 ao 14 deste mes de xullo, reunirá barcos, cultura, historia, festa e unha manchea de actividades no Freixo. Un pequeno porto de Outes onde chegou haber 40 estaleiros

CULTURA

"Afinidades selectivas", diálogos na arte contemporánea en Vigo

Sexta edición de “Afinidades selectivas” e catro propostas de diálogo na arte contemporánea nesta iniciativa que se consolida no panorama expositivo de Vigo. Docentes e alumnado de Belas Artes atópanse fóra das aulas, en parellas que establecen comunicación coas súas propostas artísticas. 

Fotograma de Populaire
CULTURA

Crítica de cinema: "Populaire", comedia romántica á francesa

Na primavera de 1958, Rose Pamphyle vive co seu pai viúvo que dirixe a tenda do pobo. Está destinada a casar co fillo do mecánico pero négase a aceptar ese destino e viaxa á baixa Normandía para unha entrevista de emprego coma secretaria nunha empresa de seguros dirixida por Louis Echard. Malia a desastrosa entrevista Rose posúe un don especial coa máquina de escribir e Louis decide contratala a cambio dunha proposta que non poderá rexeitar.

Tucho Lagares
CULTURA

Morre o actor Tucho Lagares

Actor de cine, televisión, teatro ou zarzuela, Tucho Lagares actuou nalgunhas das series televisivas máis populares como  ‘Pratos Combinados’, ‘Mareas Vivas’, ‘Terras de Miranda’, ‘As leis de Celavella’ e ‘Rías Baixas. Morre a pouco de comezar as oito décadas de vida. 

Luis Tosar e Jorge Coira
CULTURA

Novas visións galegas sobre o cine de culto internacional

Un ciclo no Forum Metropolitano da Coruña reunirá a artistas como Jorge Coira, Xurxo Souto, David Rubín ou Yolanda Castaño para comentar filmes controvertidos como 'Donnie Darko' ou 'The Devil and Daniel Johnston'.   

CULTURA

O premio Plácido Castro de Tradución declarado deserto

O xurado designado para resolver a décimo terceira edición do Premio Plácido Castro de tradución acordou declaralo deserto, segundo puido saber Sermos Galiza. A xuntanza do xurado celebrouse na tarde do luns, nas dependencias da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Mário Lúcio Sousa
Lusofonia

Ministro de Cultura de Cabo Verde defende necessidade de a Galiza entrar na CPLP

Numa entrevista à Rádio ONU, Mário Lúcio Sousa, defende que a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa deve ser alargada para se tornar uma rede de povos que falam o português ou idiomas baseados na língua portuguesa. E nomea a Galiza

Daniel Salgado (Foto do blog de Xerais)
CULTURA

Daniel Salgado gaña o López Abente de poesía con “Os tempos sombrizos (Diario)”

O poemario “Os tempos sombrizos (Diario)” do escritor e xornalista Daniel Salgado é o gañador do 1ª premio de Poesía Gonzalo López Abente, convocado pola Fundación do escritor en colaboración coa Xunta. 

Manuel Rivas
CULTURA

The Guardian: “O pasaporte poderá ser español, mais Manolo Rivas é galego”

O prestixioso xornal británico louva a última obra de O´Rivas traducida ao inglés, 'All is Silence' (Todo é silencio). De paso, fala aos seus lectores e lectoras da “Terra dos Gaélicos” que existe no extremo noroeste da Península