cultura

laxeiro
Mostra do humor gráfico do pintor

Laxeiro debuxa na prensa

Antes do Laxeiro gran pintor de raíz expresionista e tenebrismo popular, houbo outro: o que debuxaba cadriños humorísticos na prensa. Unha mostra na fundación ao seu nome -con sede en Vigo- repasa as súas colaboracións en El pueblo gallego e Faro de Vigo entre 1928 e 1930.
 

[Imaxe: Bibliotecas Municipais da Coruña]
CULTURA

A Xunta gastará máis nun libro sobre a catedral de Santiago ca en adquirir novidades para bibliotecas

pilar pallarés foto aelg
A poeta presenta esta quinta feira 'Tempo fósil'

A destrución segundo Pilar Pallarés

O libro atravesa un territorio destruído. É o lugar da casa que xa non está, dos restos animais, todo o sólido que se esvaece no ar. A poeta rexistra a dispersión da tribo e a caveira do pai, o pelo morto do can e as follas do limoeiro. Tempo fósil titúlase a quinta entrega de Pilar Pallarés (Culleredo, 1957), a autora que abriu a poesía dos 80 ao corpo da muller.

lorca-betanzos
Nova edición dos Seis poemas galegos

Orgullo de Lorca galego

O máis célebre dos poetas alófonos en galego, Federico García Lorca, coñecerá unha nova edición dos seus poemas en lingua galega. Acompañada de seis estudos obra de investigadores e autoras contemporáneas, os Seis poemas galegos segundo a editorial Chan da Pólvora conmemora dous feitos de xuño fulcrais: a aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936 e a loita polos dereitos LGTBI.
 

fotograma Galicia filmada
Videoensaio sobre a imaxe do país no cinema foráneo

A Galiza filmada que non existe

Unha paisaxe rural, en que a lingua é obliterada e mesmo monstruosa, o estraño irrompe e as relacións sociais aparecen mediadas pola lenda e a maxia. Eis a Galiza que compoñen olladas distintas e distantes de 13 cineastas foráneos. Explícao o videoensaio de Brais Romero Galicia filmada desde fóra.
 

Galicia Carlos Velo 2
Pioneiro libro colectivo

O cine en galego máis alá da nada

“O cine galego é a conciencia da súa nada. Xa é algo”. Con esta frase abriu o encontro fundacional do cinema galego moderno, as Primeiras Xornadas de Cine de Ourense. Era 1973. Lémbrao o investigador Xan Gómez Viñas na súa contribución ao volume colectivo Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega, pioneiro na materia.
 

son de seu
A orquestra folk publica 'Beiralúa'

SonDeSeu “celebra a vida” co seu quinto disco

Máis de 60 músicos e músicas participan no quinto disco da orquestra folk SonDeSeu. Beiralúa é o título dun traballo que procura “a celebración da vida plena” da súa experiencia pioneira: “Abrir un camiño novo na rrelaboración da música de tradición oral galega”.
 

ilustración antía cal
A Deputación de Lugo rescata 'O libro dos nenos' de Antía Cal

A enciclopedia secreta

Na longa noite de pedra había candeas acesas. Pequenos puntos de luz que resistían a escuridade. Contra a historia oficial, construían un país. Unha das luces máis intensas prendeuna a pedagoga Antía Cal, cuxa enciclopedia infantil O libros dos nenos, inédita nos 50, rescata agora a Deputación de Lugo.
 

Castelao
Imaxes de Castelao en Bos Aires, entre os materiais dispoñíbeis

O CGAI habilita o visionado en liña de pezas históricas

Existen máis imaxes en movemento da vella Galiza das que parece. O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) vén de dispoñibilizar na súa nova páxina web un mangado de históricas pezas audiovisuais rescatadas pola propia filmoteca. Entre elas, imaxes de Castelao en Bos Aires, rexistradas entre 1940 e o seu pasamento.
 

bonaval cabanillas 3
A tumba en Bonaval conta á fin co texto que escollera o poeta

Cabanillas: medio século sen epitafio

Case 51 anos tivo que agardar a lousa de Ramón Cabanillas polo epitafio que el mesmo escollera: “Quero na lousa que me de sosego / esta palabra que ten ás: Poeta / e esta palabra que ten luz: Gallego”. Desde o pasado 13 de xuño, un ramo de rosas brancas e vermellas descansa sobre a, agora si, completa tumba do escritor no Panteón de Galegos Ilustres.
 

heredeiros da crus
SOCIAL

Heredeiros da Crus contra a Mina de Touro

A mítica banda do Barbanza Heredeiros da Crus vén de pendurar un vídeo nas redes sociais en que intepretan un fragmento de canción contra o proxecto da mina de Touro.
 

surfing-the-lerez
Surfing the Lérez do 13 ao 16 de xuño

O rock & roll enche Pontevedra

A Illa das Esculturas de Pontevedra acollerá, un ano máis, o festival Surfing the Lérez. Será este sábado, 16 de xuño, cun abondoso cartel en que figuran 15 bandas de Galiza e de fóra. Mais antes, en concreto a partir da noite da cuarta feira, día 13, haberá aperitivos.
 

radio océano
Un disco dobre rescata o legado da banda coruñesa

Obras (case) completas de Radio Océano

O disco Memorias do óxido é o cofre do tesouro de Radio Océano. Inencontrábel o seu único, antolóxico, elepé, Nin falta que fai (1986), a súa memoria transitaba a forza de versións doutros, en casetes ou a través de vinilos ripeados na web. Ate que o selo madrileño Subterfuge, un dos responsábeis da explosión indie estatal nos noventa, puxo fin a tan anómala circunstancia. Memorias do óxido recolle 25 cancións, en estudio e en directo, da banda coruñesa comandada por Xosé Manuel Pereiro e Santiago Romero.
 

ilustración Miguel Rocha 20.000 leguas
Primeira colección en galego de lectura fácil

Accesíbel Jules Verne

As aventuras subacuáticas do Capitán Nemo abrirán a primeira colección en galego de lectura fácil. Adaptado pola Asociación Xoán XXIII de Pontevedra, as 20.000 leguas baixo dos mares, o clásico de Jules Verne publicado orixinalmente entre 1869 e 1870, abrirá unha serie de seis títulos que, da man da Editorial Galaxia, achegarán os libros a persoas con dificultades lectoras transitorias ou permanentes.
 

fundación luís seoane
Do 13 ao 15 de xuño na Coruña

O Galeusca editorial volve a Galiza

O encontro de editoras de Galiza, Catalunya e Euskadi regresa a Galiza. Entre a cuarta e a sexta feira desta semana, a Asociación Galega de Editoras (AGE) organiza o Galeusca editorial “coa finalidade de colaborar entre os gremios, comparir experiencias, estratexias e darlle visibilidade á edición nas linguas propias”.
 

steve van zandt
O mítico guitarrista de Springsteen e actor

Little Steven actúa en Vigo o 12 de xullo

lalin con gusto
Do 16 ao 17 de xuño

Lalín, capital da gastronomía… con música!

A próxima fin de semana, 16 e 17 de xuño, “Lalín Con Gusto” suma unha nova edición para nos deleitar coa mellor gastronomía e coa mellor música, da man de chefs como Pepe Solla ou de músicas como Ses e Mamá Cabra.

neira vilas na estrada
En 'De Gres a Cádiz' repasa os seus primeiros vinte anos

Neira Vilas: iniciación á vida

“Currunchu orixinario. Aldea amada. Aquí comezou a desenvolverse o nobelo do meu existir. Aquí vin a miña primeira luz, tatexei as primeiras falas, boteime a camiñar”. Así abre Xosé Neira Vilas De Gres a Cádiz, o libro póstumo en que regresa aos seus primeiros vinte anos sobre a terra.
 

bodegas martin códax
Seminario das adegas Martin Códax

Banda sonora para a gastronomía galega

Os posíbeis fíos que cosen a música co gastronomía de Galiza preocupan a Xurxo Souto. Tanto que esta segunda feira, 11 de xuño, ofrecerá unha palestra de título Despensa Sonora sobre as interaccións das dúas disciplinas. Será na sala Numax de Compostela dentro do programa Música e Pratos das adegas Martín Códax.
 

Corey Harris
Do 15 ao 17 de xuño

Corey Harris protagoniza o Fisterra Blues Experience

O festival de blues de Fisterra reunirá entre o 15 e o 17 xuño artistas da escena galega, estatal e internacional. Haberá amais estilos irmandados como o swing, o soul e o R&B. A cita ofrecerá concertos en barco, obradoiros infantís, jam sessions por toda a vila e unha mesa redonda sobre esta música de orixe afroamericana.