cultura

Indicador_no_complexo_de_Cerámicas_do_Castro Vilachán
A Universidade da Coruña negocia asumir os fondos sobre xeoloxía de Sargadelos

A memoria da ciencia da terra en Galiza

Do que un día foi Sargadelos apenas vai quedando rastro. Aquel conglomerado empresarial, en que parte das plusvalías obtidas pola fabricación de cerámica servían para financiar activismo, investigación cultural e recuperación da memoria democrática de Galiza, ficou reducido á louza. Unha desas pólas atópase agora a piques de pasar a mans da Universidade da Coruña: os históricos fondos documentais e xeolóxicos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe que quedaban no Castro (Sada).
 

Ricardo Carvalho Calero. Foto 560x362
Até o 18 de maio

Ferrol dedica máis dun mes de homenaxe a Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero é profeta na súa terra. As homenaxes, a 28 anos da súa morte, sucédense en Ferrol. Desde este serán ate o vindeiro 18 de maio, o concello da súa cidade natal ofrece unha serie de palestras, concerto e recital arredor da figura do intelectual e escritor.
 

h. g. wells (1901)
'Dos días do porvir' en galego

O futurismo crítico de H.G. Wells

A fortuna en galego de H. G. Wells non se detén. Hai uns meses aparecía a tradución de Kipps. Historia dunha alma simple (1905). Agora é a quenda de Dos días do porvir (1899), en versión de Alejandro Tobar. A súa ciencia ficción crítica fala ao caso, máis dun século despois, parece indicar a súa sorte editorial.
 

pavillón dos deportes de Pontevedra
Cuarto Día das Artes Galegas

A Academia de Belas Artes homenaxea o arquitecto pontevedrés De la Sota

O Día das Artes Galegas centrarase este ano no arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota. A celebración, convocada pola Real Academia Galega de Belas Artes para o vindeiro 14 de abril, homenaxea así o que denominan “o máis notábel arquitecto” no Estado español durante a segunda metade do século XX.
 

'Fóra dos museos' 1
Unha mostra reflexiona sobre estas institucións

Os porqués dos museos

Por que un museo contén as pezas que conten. Cales son as súas funcións e os seus límites. Con quen dialogan. De onde proceden os seus fondos. Que explican sobre a historia de Galiza. Estas e outras cuestións próximas son as que levaron á historiadora Sabela López Pato a organizar a mostra Fóra dos museos, cuxo primeiro episodio -dun total de seis ao longo de oito meses- pode visitarse na libraría Numax de Compostela.
 

Nós mesmas, fotograma
A líder do BNG debuta coa curta 'Nós mesmas'

Ana Pontón, cineasta

O tren é unha das metáforas recorrentes que atravesan a historia do cinema practicamente desde o seu nacemento. E un tren é tamén o corazón de Nós mesmas, a curtametraxe coa que debuta nas pantallas Ana Pontón (Sarria, 1977). Si, a mesma Ana Pontón que exerce como portavoz nacional do BNG.
 

Ataque escampe
Albums de aquí e acolá / Miguel Mosqueira

“De Frank Zappa aprendín que todo está permitido”

Da guitarra de Miguel Mosqueira (Lalín, 1982) proceden algunhas das máis inconfundíbeis melodías do pop galego contemporáneo. É un dos tres membros fundadores que resisten en Ataque Escampe, organizados en 2001 e responsábeis dunha cromática e singular traxectoria. Entre o infrarock acústico dos inicios e o tropicalismo agridoce do último traballo -Primeiros Bicos (2017)-, a banda pecorreu as estradas principais e secundarias da música do país.

nove de novembro (2018) - lázaro louzao
'Nove de novembro' transcorre durante a caída do muro de Berlín

Primeiro filme galego sobre unha relación gay

Nove de novembro é o primeiro filme galego centrado nunha relación gay. Dirixida por Lázaro Louzao (Xove, 1988), a película narra os derradeiros días dunha parella que, tras dez anos xuntos, comeza a crebar. A cinta está enmarcada no ano 1989, coincidindo coa caída do muro de Berlín e a posterior absorción da República Democrática Alemá por Occidente.

X.C. Domínguez Alberte (Foto: Baldo Ramos)
Domínguez Alberte explora a forma clásica

O soneto como “disciplina e gozo”

Catorce versos compoñen unha das máis universais formas clásicas do poema, o soneto. A ela entregouse Xoán Carlos Domínguez Alberte (Ramirás, 1966) no seu último proxecto, o libro Soneto no alfabeto (Galaxia). “Foi un exercicio de disciplina e gozo”, explica sobre unha obra enfocada a lectoras e lectores mozos.
 

Carballo Interplay
Festival de contidos dixitais entre o 4 e o 7 de abril

‘Youtubers’, webseries, obradoiros e concertos no Carballo Interplay

A quinta edición do Carballo Interplay acaba de apresentar o cartaz da súa sección oficial, que escolleu 42 propostas entre as mais de 250 que chegaron de todo o globo. A directora do festival, Sonia Méndez, e a responsábel da gala e webseries, Sandra Lesta, anunciaron esta cuarta feira que o evento, que terá lugar do 4 ao 7 de abril, repartirá máis de 5.000 euros en premios.

bob dylan
Salamanca acolleu o primeiro dos seis seis concertos no Estado

O vello, estraño blues de Bob Dylan

Bob Dylan non é Bob Dylan. É un medio, non un fin. A súa progresiva disolución no magma das músicas de raíz do territorio actualmente coñecido como Estados Unidos é un regreso a casa. Media vida como un rolling stone, a outra media á procura de comprender o folclore, os seus misterios, os seus mecanismos. O pasado sábado ofreceu en Salamanca o primeiro dos seus concertos no Estado español e confirmou a súa penúltima metamorfose.
 

bueu
Esta terza feira, 27 de marzo

Cancións infantís e poesía de vangarda en Bueu

Bueu saúda con cultura o Día Mundial do Teatro. Na súa acepción máis extensa, sempre en relación coas letras: do cancioneiro infantil de tradición oral á poesía de vangarda. Esta terza feira, 27 de marzo, e dentro do ciclo Bueu Espazo para a Cultura -organizado polo concello coa colaboración da Deputación de Pontevedra- ofrece a representación de As historias do avó Manuel e mais un recital a partir de Manuel Antonio.
 

Feira do Libro para Cativos de Boloña
CULTURA

Nove editoras participan cun posto conxunto na feria de Boloña

A Asociación Galega de Editoras (AGE) conta, por primeira vez, cun posto propio na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Organizado en colaboración coa entidade de xestión de dereitos Cedro, nel están presentes nove das principais empresas do gremio en Galiza.
 

maría xosé queizán
CULTURA

Inéditos de Olga Novo e traducións de McMillan no libro do festival de Santiago

A primeira edición do festival de poesía Alguén que respira! de Compostela deixará pegada. Polo menos en forma de libro. Un volume editado por Política Lingüística e mais o concello recolle obra de todos as autoras participantes e algunha importante novidade: un avance dos novos poemas de Olga Novo ou as primeiras traducións ao galego do inglés Andrew McMillan e do sirio Mohamad Frias.
 

Baldomero Iglesias, Mero
Albums de aquí e acolá / Mero

“Pepe Quintas-Canella non ten unha gran voz, ten a voz precisa”

É un dos cantores de intervención máis infatigábeis de Galiza. Baldomero Iglesias, Mero (Vilalba, 1951) leva máis de corenta anos percorrendo camiños, protestos, palcos, centros sociais, como un Woody Guthrie dos tempos salvaxes. Experto na tradición, poeta, entusiasta, Mero fixo parte de emblemáticos conxuntos da canción galega e nunca perde ocasión de reivindicar a materia poética galega.
 

Helena Villar Janeiro
Villar Janeiro publica un libro de haikus nados na Rede

A forma mínima do poema

Dezasete sílabas, unha idea -dúas ao máximo-, e unha sensibilidade aguda sobre os cambios de luz e o devalo das estacións. Velaí unha definición posíbel do haiku, unha das formas mínimas do poema, importada de oriente. Helena Villar Janeiro (Becerreá, 1940) publica agora medio cento deles en Poesía mínima (Alvarellos).
 

Carvalho Calero
Este sabado 24M en Ferrol

A Fundaçom Artábria homenaxea Carvalho Calero

No 28 cabodano do intelectual Ricardo Carvalho Calero, a Fundaçom Artábria réndelle homenaxe. Será este sábado, 24 de marzo, a partir das 12 da mañá, ao pé das ruínas da súa casa natal en Ferrol.
 

mónica de nut - foto
Quinta edición de 'Ponme un Poema!'

O poeta Samuel L. París e a cantante Mónica de Nut, en Allariz

“Coa mesma convicción de que poesía está nos bares, volveremos encher de poesía unhas cantas barras”. A partir desta idea, Ponme un poema! leva poemas aos despachos de bebidas espirituosas o sábado 24 de marzo en Allariz. E farao da man de Samuel L. París e a cantora Mónica de Nut.
 

CULTURA

Seis académicos reiteran que o plenario debateu iniciar a expulsión de Ferrín

O convulso plenario da Real Academia Galega o pasado sábado 17 de marzo debateu iniciar o proceso de exclusión de Ferrín como académico de número. Así o entenden seis académicos presentes na xuntanza que veñen de remitir un comunicado ao medios de comunicación: Xosé Luís Axeitos, Chus Pato, Darío Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei, Manuel González e Euloxio Ruibal.
 

real academia galega
CULTURA

A Academia abre un período de reflexión que pode conducir á expulsión de Ferrín

A Real Academia Galega abrirá un período de reflexión que pode conducir á expulsión de Xosé Luís Méndez Ferrín agás que este reconsidere a súa renuncia, presentada hai cinco anos. Así o acordou o plenario da institución, reunido este sábado 17 de marzo, segundo avanzou a revista Luzes.