cultura

libros
Publícanse máis libros en castelán

A edición de libros en galego volve caer

Os datos acabados de publicar polo Instituto Nacional de Estatística (INE) ofrecen unha nova foto da redución do sector do libro en galego. En 2016 editáronse en Galiza 751, unha baixada do 5,7% respecto do 2015.
 

Carlos Santiago
Carlos Santiago / Dramaturgo

"O do pregón extralimitouse por razóns que non teñen nada que ver comigo nin co entroido"

O dramaturgo Carlos Santiago (Santiago de Compostela, 1966) sufriu en carne propia a redución das liberdades públicas, en concreto a de expresión, que organizacións internacionais veñen denunciando a respecto do Estado español. Foi a causa do pregón de entroido de Compostela, pronunciado polo seu personaxe o Apóstolo Santiago.

María Victoria Moreno
Biografía da homenaxeada no Día das Letras

María Victoria Moreno, “escritora total”

Ningún ámbito relacionado coa literatura foi alleo a María Victoria Moreno. Escritora en xéneros diversos, editora, libreira, tradutora, profesora. E aínda así, considera a súa biógrafa Montse Pena Presas, “unha grande descoñecida”. A tirala desa zona de sombra pode contribuír o Día das Letras Galegas deste ano, que a Academia dedica á autora de Anagnórise (1988).
 

covas de dona urraca
Recollidas polo tecido social de Salvaterra

1.200 sinaturas en defensa das Covas de Dona Urraca

Asociacións culturais e partidos políticos da oposición veñen de recoller 1.200 sinaturas para manter a diversidade de usos das Covas de Dona Urraca, en Salvaterra de Miño. O concello, gobernado polo PP, adoptou a decisiónn unilateral de as pechar para construír un museo dedicado ao viño. O espazo é empregado por numerosas persoas e agrupacións para actividades culturais e de lecer.
 

silvia federici
35 Semana Galega de Filosofía

A feminista italiana Silvia Federici falará en Pontevedra

A edición número 35 da Semana Galega de Fiolosofía de Pontevedra orbitará arredor da idea de “común”. “Recuperemos o común, o colectivo, os lazos que nos unen frente a unha sociedade cada vez máis individualista e invivible”, sinalou a presidenta da Aula de Filosofía da cidade, Ana Regueira, na presentación do programa que se desenvolverá entre o 2 e o 6 de abril.
 

Luis_Rodriguez_Rivera
CULTURA

'Os mouros do Pico Sacro' gaña o Antón Risco de literatura fantástica

A terceira edición do premio de literatura fantástica que leva o nome de Antón Risco vén de distinguir Os mouros do Pico Sacro, de Luís Rodríguez Rivera (Mos, 1971). O galardón, convocado pola Fundación Vicente Risco e a editora especializada en ciencia ficcón e fantasía Urco, fallouse o pasado sábado en Allariz.
 

tartufo CDG
Tradución galega do clásico de Molière

'O Tartufo' en tempos tartufos

Os clásicos teñen a estraña capacidade de falar a calquera tempo. Ao pasado, ao presente, ao futuro. Emerxen cando non son agardados e métense onde ninguén os chama. Esta cualidade intempestiva é unha que das adorna O Tartufo de Molière, polo menos segundo entende o seu tradutor ao galego, Henrique Harguindey. “A súa vixencia é plena nesta realidade tartufiana”, di.
 

mónica de nut - foto
Albums de aquí e acolá / Mónica de Nut

“Trilitrate son moi orixinais á hora de compoñer”

Cando Mónica de Nut pisa un escenario as fronteiras esvaécense. Nin folk, nin jazz, nin ópera, nin cabaret, senón unha mestura indómita deses e outros elementos, sen prisioneiros e tampouco concesións ao previsíbel. A trioloxía de discos coa que irrompeu nesta década confirman a insularidade da súa proposta. Como tamén a confirman as súas escollas para Albums de aquí e acolá.
 

Carlos Santiago
Manifesto a prol de Carlos Santiago asinado por partidos e colectivos

“Ataque cavernario á liberdade de expresión”

O pregón do entroido en Compostela, pronunciado polo dramaturgo Carlos Santiago a través do personaxe do Apóstolo Santiago, está a desembocar nunha manifestación colectiva en defensa da liberdade de expresión. Un novo manifesto, A prol do Apóstolo Santiago, vén de saír á luz.

fio1
CRÍTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

O fío invisíbel [por Andrés Castro]

pregon carlos santiago
Liberdade de expresión

A AELG e un cento de voces portuguesas solidarízanse con Carlos Santiago

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de emitir un comunicado de apoio e solidariedade co dramaturgo Carlos Santiago, “ferozmente criticado por sectores ultraconservadores” con actitudes que “parecen retrotraer ao absolutismo medieval” despois do seu pregón no entroido de Compostela. Ao tempo, un cento de autoras, actores e dramaturgos portugueses, país co que Santiago mantén unha estreita relación, fan o propio noutro manifesto.
 

DHOGS_Frame5
Terceira edición da Escolma este sábado

Sarria acolle o mellor do último cinema galego

Sete mostras de entre o máis salientábel da última produción fílmica galega compoñen a terceira edición da Escolma de Cinema Galego, este sábado en Sarria. “Na última década houbo un espertar que permitiu agromar o talento latente”, considera Alberte Branco, Bertitxi, encargado de dirixir o encontro, “e queremos que na parte oriental do país haxa unha fiestra para visualizalo”.
 

Xurxo-Marino
O biólogo Xurxo Mariño sobre o Día de Rosalía

“Foi ela quen lle deu valor á lingua que temos hoxe en día”

Cantares Gallegos (1863) marca en todas as historias da literatura o inicio da restauración do galego como lingua de cultura. Entre as moitas tarefas que asumiu Rosalía de Castro esa é a que salienta o biólogo Xurxo Mariño (Lugo, 1969). “Entendendo a súa biografía e lendo a súa obra”, explica a tres días do sábado 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, “comprendín a importancia do galego que temos hoxe en día”.
 

a escritora maría reimóndez
Manifesto da AELG no aniversario da poeta

Reimóndez, en nome das escritoras: “Precisamos todo o que foi Rosalía de Castro”

A escritora e novelista María Reimóndez (Lugo, 1975) foi a encargada de redactar o manifesto da Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega polo Día de Rosalía de Castro. “Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro”, proclama.
 

noise lesion
Exposición de foto e versos en Compostela

Os palíndromos de Abe Rábade

A conexión entre a música e as matemáticas é obxecto habitual de pensadores e intérpretes. Nun terreo próximo investiga o pianista de jazz Abe Rábade (Santiago de Compostela, 1977), pero desta volta como fotógrafo e poeta. A súa segunda exposición no mundo das imaxes, Na Fronteira do Espello, xunta fotos e versos derivados da súa experiencia como compositor.
 

cesión A derradeira lección do mestre'
Miguel Anxo Seixas comisaria a mostra do cadro

A Xunta pecha o acordo para expor en Galiza 'A derradeira lección do mestre'

Un acto en que interviron as cabezas visíbeis da cultura institucional galega serviulle á Xunta para pechar, na mañá desta sexta feira, o acordo co Centro Galicia de Bos Aires grazas ao que se exporá, por primeira vez en Galiza, A derradeira lección do mestre de Castelao.
 

Xosé Luis Méndez Ferrín
CULTURA

A Fundación Laxeiro recoñece o labor literario de Ferrín

Desde o ano 2004, a fundación que coida o legado do pintor Laxeiro outorga recoñecemento a toda unha traxectoria cultural. Este ano será para Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), cuxas achegas literarias son, entende o patronato da fundación, “non só indispensábeis senón mesmo basilares na configuración da Galiza contemporánea”.
 

Antonio Gamoneda
Ciclo Poetas Di(n)versos

Gamoneda e Dores Tembrás recitan na Coruña

Un xigante vivo da poesía en castelán lerá os seus poemas a segunda feira na Coruña. Antonio Gamoneda (Oviedo, 1931) protagonizará con Dores Tembrás (Bergondo, 1979) a xornada mensual do ciclo Poetas Di(n)versos.
 

CULTURA

Galaxia convoca o premio Vidal Bolaño de textos teatrais para a mocidade

A primeira edición do premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais vén de ser convocada pola editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro, do Porriño. O certame, indican desde a editorial, “ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais para o público mozo”.
 

bala
Albums de aquí e acolá / Ánxela Baltar

“Hevi é o artista máis grande de Galiza”

O segundo disco de Bala chámase Lume (2017). E un incendio é o que provoca sobre o escenario este dúo de guitarra e batería. A súa aliaxe de hardcore metálico, punk pétreo e electricidade acoirazada coas vísceras á vista impacta a propios e estraños. Tan estraños que xa xiraron por Australia, Estados Unidos ou Xapón.