cultura

Ignacio Vilar e o alcalde de Cangas do Morrazo
O cineasta reintepreta esta figura histórica no seu novo proxecto

Ignacio Vilar: “No meu próximo filme imos retratar unha muller libre, unha Maria Solinha 2.0”

O Concello de Cangas ven de asinar un convenio co director Ignacio Vilar para participar como “capital semente” no próximo filme do cineasta, Maria Solinha, que será rodado principalmente no municipio. “En todas as nosas películas comezamos coa procura de financiamento, e estamos moi agradecidos ao Concello de Cangas, que é un lugar onde o teatro está moi vivo, por poñer a primeira pedra”, explica Vilar.
 

foto eduardo_estevez
Eduardo Estévez espalla o seu universo cunha obra en múltiples formatos

Poemas atravesados de baleas

A balea é un animal mitolóxico. Mais materia e mito son, por veces, dificilmente distinguíbeis. E as baleas existen. O poeta Eduardo Estévez (Buenos Aires, 1969) viunas na Patagonia, navegou entre elas, sentiunas falar. Agora atravesan o seu último libro, de baleas (Caldeirón), no que regresa ás orixes do seu labor como lector e escritor de poesía. “A certa tradición cultural arxentina que tiña esquecida”, engade.

Uxía
Albums de aquí e acolá / Uxía

“Interésame a parte musical transgresora de 'Cantigas do Maio' de José Afonso”

Uxía (Sanguiñeda, Mos, 1962) é unha estrela, tamén literalmente, das músicas galegas de raíz. Porque ao seu redor hai unha órbita pola que circulan intérpretes, instrumentistas, proxectos colectivos, aventuras individuais, entusiasmos de todo tipo. Ademais de exercer a crítica no Diario Cultural da Radio Galega, o seu labor como ponte cultural, nomeadamente co mundo musical en lingua portuguesa, fai parte esencial da súa personalidade artística.
 

ignacio vilar na rapa das bestas 380
Un convenio co Concello de Cangas facilita a produción da obra

Ignacio Vilar anuncia un filme sobre María Solinha

Ignacio Vilar, que percorreu salas de todo o país e parte do estranxeiro cos seus dous últimos filmes, volverá ás cámaras para rodar unha ficción sobre María Solinha. Anunciarano esta quinta feira en Cangas do Morrazo, onde a produtora Vía Láctea Films e o concello da localidade asinarán un convenio de colaboración “para o desenvolvemento e produción da longametraxe”.
 

Portico_da_Gloria_11-17
Recuperan unha monografía en galego inédita de Antía Cal e Antón Beiras

Historia clandestina da arte

Os rochos, as gabetas, os arquivos particulares, as caixas arrombadas durante o escuro tempo do franquismo aínda ocultan tesouros. Onte, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, emerxeu un dos máis singulares. Achada na casa da pedagoga Antía Cal e o oftalmólogo Antón Beiras, a monografía O arte e a súa historia, probabelmente datada a finais dos 50, é unha aventura inaudita.
 

BelenBaltar1-1200x430
CULTURA

Morre o escultor ourensán Arturo Baltar

O seu mundo non era deste mundo. Ou si. Porque Arturo Baltar empregaba a materia máis humilde, a arxila, o barro. Mais adoito facíao para modelar retablos, maternidades, desposorios, imaxes de santos, cruceiros, nacementos, peregrinos. A relixión na obra de Baltar era, non obstante, popular, apegada á terra, afastada dos palacios. Onte morreu en Ourense, 93 anos despois de nacer en Noalla, San Cibrao das Viñas.
 

foto A Coruña principios século XX
CULTURA

A indestrutíbel poesía popular

Nin “as profundas transformacións que sofreu a sociedade galega” e que modificaron as condicións de existencia da propia poesía popular conseguiron acabar con ela. Así o explica Xosé Manuel Sánchez Rei (A Coruña, 1973), que esta terza feira, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, presenta a escolma Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX (Laiovento).
 

Carlos-Maside.-Lavandeiras-ca.-1956.-Óleo-sobre-lenzo.-Colección-Legado-Carlos-Maside
Administracións e familia ultiman un acordo sobre o legado do pintor

O retorno de Maside a Compostela

Nena con galo (Estreliña no ceo), un retrato en tinta chinesa sobre pergameo debuxado en 1926, e o bodegón Mesa de cociña, óleo sobre lenzo de 1957, servíronlle a Carlos Maside para delimitar a súa vida como pintor. Esas dúas e outras 29 pezas escollidas por el mesmo conforman o seu testamento artístico, que agora procura acomodo institucional na que foi a súa cidade, Santiago de Compostela.
 

premios deputacion coruña
CULTURA

Premios Deputación da Coruña: a cultura como un dereito

nemesio-barxa-alvarez-1
CULTURA

Xantar da Cultura en homenaxe a Nemesio Barxa

 

O recoñecemento terá lugar este sábado 16 ás 14 horas no restaurante Celme Galego, na parroquia viguesa de Valadares.

foto regueifeiras
'De Repente, en Compostela' reivindica a versificación oral como patrimonio

A regueifa na escola

A recuperación da regueifa como modo de expresión popular cobrou certa relevancia nos últimos anos. A Asociación Oral é unha das organizacións responsábeis desta reivindicación. A partir desta tarde, e en colaboración coa Deputación da Coruña, celebran a “repentización” poética nas xornadas De Repente, en Compostela, destinadas a “docentes, alumnado e familias”.
 

seso duran
Seso Durán leva a memoria histórica a rexistros rock

1936 e o rock americano da Costa Leste

O músico Seso Durán (Marín, 1969) intérnase por territorios inexplorados, pescuda na combinación de linguaxes antes non artelladas, asómase a audiencias inéditas. Son da memoria (2017) é o disco no que, a partir do “rock americano da Costa Leste”, se debruza “sobre o que aconteceu tras o golpe de 1936. As vítimas, os verdugos, os lugares, o cable eléctrico que conecta o pasado co presente”.
 

Orquestra Vigo 430
CULTURA

A Sinfónica de Vigo leva a música clásica ás prazas

Extraer a música clásica e académica dos palacios da ópera e transportala ás rúas, é dicir, achegala á xente, é obxectivo confeso da Orquestra Vigo 430. Para cumprilo, esta quinta feira, 14 de decembro destinará seis dos seus intérpretes a mercados, prazas e outros “puntos concurridos” da cidade. “Queremos eliminar as barreiras e prexuízos que moitas veces temos en relación á música clásica”, afirman.
 

Yolanda Castaño
'Poetas itinerantes' xunta en Compostela voces novidosas e consagradas

Ponte poética entre Galiza e Catalunya

As poesías galega e catalana atópanse esta cuarta feira 13, ás 19 horas, no salón de actos do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Os versos de ambas literaturas dialogarán da man de Anna Gual, Joan Pons, Blanca Llum Vidal, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial. As seis poetas constitúen unha mestura de voces consolidadas e novidosas da lírica contemporánea.

Mar Catarina con Chicharrón
Albums de aquí e acolá / Mar Catarina, de Esposa

“Chorando apréndese' é un fito na música contemporánea”

Mar Catarina (Pontevedra, 1988) fai parte dalgúns dos máis interesantes proxectos do pop galego e en galego. Fotógrafa e teclista, participou no disco Postal (2016), co que Chicharrón -banda de base en Carballo- levou a melancolía eléctrica a lugares descoñecidos para a música en galego. Na actualidade centra os seus esforzos musicais en Esposa, que este ano debutaron co contaxioso pop punk de Xardín interior.
 

A artista Luz Darriba
É a derradeira intervención no ciclo 'Temos unha peza'

A artista Luz Darriba fala no Museo do Pobo a partir do claustro de Bonaval

A “artista multidisciplinar” Luz Darriba (Montevideo, 1954) protagonizará esta terza feira ás sete do serán o peche do ciclo Temos unha peza do Museo do Pobo Galego. Para disertar sobre a súa relación coa histórica institución de Santiago de Compostela, Darriba escolleu unha peza ben curiosa: o claustro do mosteiro de San Domingos de Bonaval.
 

mimosasSTILL5_preview
O semanario cualifícaa de “road movie' metafísica”

'The New Yorker' escolle 'Mimosas' entre os mellores filmes de 2017

O crítico estadounidense Richard Brody leva case 20 anos escribindo para o semanario The New Yorker. Importante analista da obra de Jean-Luc Godard, contra final de ano elabora listas cos mellores filmes da tempada. Na última, publicada a pasada sexta feira, hai presenza galega: Mimosas, dirixida por Oliver Laxe (París, 1982) e producida pola coruñesa Zeitun Fims.
 

Larouco maio2014 serra barroso
CULTURA

Os mundos arraianos de Ferrín

Non resulta estraño albiscar a figura de Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) por territorio arraiano. De maneira figurada -unha dúas súas obras máis emblemáticas son os contos de Arraianos (1992)- ou literal, a pé, levantando acta. Esta última versión é a que recompila Edicións Positivas nun volume que reúne medio cento de artigos sobre as lindes, as fronteiras, as estremas de Galiza: Arraiano entre arraianos.
 

SitioDistinto_Uxía
'Sitio Distinto', o documentario de Davide Cabaleiro

150 anos de migración galega a Euskal Herria

Sitio Distinto é un filme documental. É un ensaio de investigación histórica sobre a migración galega en Euskadi e os lazos fraternais entre ambas as dúas culturas. Dirixido por Davide Cabaleiro e producido por Zirriborro e Pixel Films, repasa os vínculos formados ao longo de 150 anos de migracións. “Tentamos poñer en valor a migración galega no País Vasco a nivel traballo, a nivel social e a nivel cultural”, explica.

mimosasSTILL5_preview
A edición inclúe un diario de rodaxe no Atlas marroquino

'Mimosas', o premiado filme de Oliver Laxe, en DVD

A segunda longametraxe de Oliver Laxe (París, 1982) confirmou a súa traxectoria ascendente como unha das olladas principais do cinema europeo contemporáneo. Mimosas (2016) obtivo recoñecenentos aquí e acolá e en Cannes levou o Gran Premio da Crítica. Pasou polas salas de cinema de todo o Estado e parte do continente. Agora ve a luz a súa edición en DVD.