cultura

mimosasSTILL5_preview
A edición inclúe un diario de rodaxe no Atlas marroquino

'Mimosas', o premiado filme de Oliver Laxe, en DVD

A segunda longametraxe de Oliver Laxe (París, 1982) confirmou a súa traxectoria ascendente como unha das olladas principais do cinema europeo contemporáneo. Mimosas (2016) obtivo recoñecenentos aquí e acolá e en Cannes levou o Gran Premio da Crítica. Pasou polas salas de cinema de todo o Estado e parte do continente. Agora ve a luz a súa edición en DVD.
 

Estevo Creus
Un dos premios máis veteranos da poesía galega

Estevo Creus gaña o Lorenzo Baleiron cun libro sobre a dimensión fantasmal da realidade

A práctica poética de Estevo Creus (Cee, 1971) vén delimitando un territorio singular, estrañado. A súa mirada entende a realidade como algo á marxe da percepción común. O mundo revela as súas outras verdades grazas ao poema. O lugar que non hai titúlase o libro co que vén de gañar a 30ª edición do premio Eusebio Lorenzo Baleirón. Nel investiga a dimensión fantasmal do real e os baleiros do idioma.
 

Catedral de Mondoñedo
O crítico Armando Requeixo publica unha guía sobre Mondoñedo e o escritor

Xeopoética de Cunqueiro

A xeografía da literatura é ambigua. O mundo real do escritor e os seus mundos imaxinados manteñen estrañas relacións. Por veces, a conexión entre eles resulta directa, evidente. Outras, semellan compartimentos estancos. A exploralos con vocación didáctica e proselitista dedica o crítico Armando Requeixo (Mondoñedo, 1971) a súa última monografía, Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo. Guía Literaria.
 

césar-lorenzo-gil-aira 2
CULTURA

A editorial Aira estréase con poesía, banda deseñada e tradución

A eclosión editorial galega é un fenómeno empírico. Está por calibrar a súa dimensión real, mais o certo é que novos selos continúan a agromar. No Culturgal desta fin de semana en Pontevedra, Aira, con sede en Allariz, estreará catálogo. Poesía científica, singular banda deseñada e tradución abrirán as portas dunha casa cuxos contidos dirixe o xornalista César Lorenzo Gil (Arbo, 1977).
 

12-Os-Resentidos-Antón-Reixa
Albums de aquí e acolá / Antón Reixa

“Guru Jazzmatazz serviume para aprender a falar en vez de cantar”

Cando Antón Reixa (Vigo, 1957) e Os Resentidos publicaron as súas primeiras gravacións, nada volveu ser igual. Dúas cancións dadaístas sobre fondo soviético e o aire radical de The Residents, incluídas no EP compartido con Siniestro Total Surfin' CCCP (1984), abriron unha das máis abraiantes carreiras da música galega. Ademais de poeta singularísimo, Reixa inaugura a nova sección de Sermos Galiza Albums de aquí e acolá.
 

portada_sobre_200ppp
A Mesa publica material didáctico dirixido ao ensino infantil

Historia da literatura para a infancia

País das Letras é un mecanismo pedagóxico para achegar a infancia á historia da literatura. Editado pola Mesa pola Normalización Lingüística e dirixidos a pequenas e pequenos a partir dos tres anos, procura o seu interese conectando autoras, personaxes e escenarios. Presentarase esta fin de semana no Culturgal, en Pontevedra.
 

 

xurado Cineuropa 31
CULTURA

O filme portugués 'A fábrica de Nada' gaña Cineuropa

O festival Cineuropa de Santiago de Compostela clausurou a súa 31ª edición. Este ano, o evento tivo como novidade o seu Primeiro Xurado Novo, composto por sete mozas e mozos.

músicos Fonte do Araño
O mítico debut de Emilio Cao, reeditado en vinilo

'Fonte do Araño' ou a modernidade folk

No ano do punk, Galiza tamén viviu a súa particular revolta musical. Pero foi de signo distinto. Emilio Cao publicaba o seu primeiro elepé, o mítico Fonte do Araño, e a música galega non volveu ser a mesma. O celtismo entraba pola porta grande e a relectura do folclore tinxíase de rock progresivo. "Este disco precisaba ser reeditado", afirma Nonito Pereira, do selo Polyrock e responsábel da nova versión en vinilo, "é algo totalmente vixente, tremendo".
 

marco vigo
CULTURA

A Asociación Galega da Crítica lamenta a “incerteza e deriva” do MARCO

A Asociación Galega da Crítica, agrupa a case 40 persoas, vén de emitir un comunicado en que amosa a súa “disconformidade” pola “incerteza e deriva” na xestión do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo. “Queremos sumar a nosa voz á denuncia que outras organizacións e a propia cidadanía manifestou ao longo destes meses”, engaden.
 

esposa
O festival de linguas minorizadas será en Udine, no Friul

O pop rítmico de Esposa representa Galiza no Suns Europe

Esposa, cuarteto de pop rítmico e por veces desbocado con base en Compostela, representará Galiza no festival Suns Europe. O certame, dedicado ás “artes escéncias en linguas minoritarias”, celebrarase en Udine, no Friul, entre o 30 de novembro e dous de decembro.
 

Manuel Rivas
Entre o 28 e o 30 de novembro

Manuel Rivas protagoniza a Festa da Palabra en Foz

Hai dous anos que a asociación cultural A Pomba do Arco recuperou a Festa da Palabra en Foz, ciclo de lecturas que procura achegar ao público as autoras e autores da literatura galega "e de xeito particular a minorizada linguaxe poética". Desta volta, o protagonista será Manuel Rivas (A Coruña, 1957), talvez o máis recoñecido escritor galego vivo dentro e fóra do país.
 

Esti por Sandra G Rey en Dexo retallada
CULTURA

Estíbaliz Espinosa explora a irmandade no libro gañador do premio Afundación

O ser humano non remata en si mesmo. E a súa dimensión colectiva tampouco acaba nos outros seres humanos. Para Estíbaliz Espinosa (A Coruña), a idea de irmandade non é reducíbel. É irredutíbel. A explorala nas súas diferentes versións dedica o libro de poemas As neuronas irmás, co que vén de gañar a 15ª edición do premio Afundación.
 

Lila Downs
Gañadora de cinco Grammy Latino

A canción mestiza de Lila Downs, o sábado en Ferrol

A cantante e compositora mexicana Lila Downs presentará o seu último traballo Salón, lágrimas y deseo no Auditorio de Ferrol a partir das 21 horas, dentro do Festival Son[s], o sábado 25 de novembro. O álbum, premiado nos últimos Premios Grammy Latino, revístese de activismo político e indignación fronte á realidade. A entrada custará de 24 euros na billeteira do centro e de 18/20 euros anticipada.
 

Elena Ferro MPG
Esta terza feira

A zoqueira Elena Ferro fala no Museo do Pobo Galego a partir dun sancosmeiro

Un chapeu de aba ancha e copa baixa, fabricado en palla e empregado para se protexer do sol, que vestían as mulleres na zona de Noia, A Barcala, Santiago ou o Xallas, é o obxecto elexido pola zoqueira Elena Ferro para participar no ciclo Temos unha peza, do Museo do Pobo Galego. Trátase do sancosmeiro, un sombreiro elegante e popular, mostra egrexia de cultura tradicional.
 

Carvalho
Reedición da segunda e gran novela de Carvalho Calero

A memoria de 'Scórpio' trinta anos despois

Carvalho Calero publicou dúas novelas. A primeira, A xente da Barreira (1951), devolveu o galego á narrativa de longo alento despois da Guerra Civil. A segunda realizou un notábel esforzo para reconstruír a memoria da República e da resistencia antifascista a través de elaboradas técnicas literarias. Tres décadas despois da súa primeira edición, Scórpio (1987) regresa ás librarías.
 

carta jacunta landa
CULTURA

O legado de Jacinta Landa Vaz: lazos musicais entre Galiza, Portugal e Estremadura

Antón Cortizas
Antón Cortizas, autor de 'Anatomía da lingua'

“A poesía é un analséxico e unha denuncia”

Anatomía da lingua é o último libro de Antón Cortizas (Ferrol, 1954). Editado pola Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS-PG) e con ilustracións de Leandro Lamas, ofrece un monllo de poemas co idioma galego como obxecto. “A lingua é unha dor que hai que intentar curar”, explica, “e a poesía é como un analséxico. E unha denuncia”.
 

marco vigo
CULTURA

Xestores culturais temen que o MARCO perda profesionalidade e independencia

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural vén de emitir un comunicado sobre a situación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o MARCO, en que expresan o seu temor pola posibilidade de que perda profesionalidade e independencia. Os xestores culturais fan pública a súa posición despois de que o director do centro Iñaki Martínez Antelo se despedise do posto cunha carta a semana pasada.
 

Galactic-Empire-photo
Rock e outras lerias

Galatic Empire, metal para friquis; por Isidro Rajo

Polas roupaxes que se vían nas películas de Star Wars, xa eu andaba a sospeitar que  certa parte de seres afíns ao Imperio eran metaleiros. Sempre pensei que a Guardia Real Imperial tiña unha imaxe moi Doom, e que Vader tiña certa gustos máis escuros, tirando ao Black e o Dark Metal. Todo isto eran sospeitas, máis agora Galactic Empire veñen de confirmalas definitivamente.

autor2 (1)
Crítica de cinema da sexta feira

O Autor, por A. Castro

Álvaro está obsesionado con escribir. Asiste obradoiros de escritura pero carece de talento. Un día comeza escribir sobre os seus propios veciños e o profesor anímao a seguir por esa senda pero tamén lle advirte que é necesario un conflito.