cultura

Axenda

Que facer esta finde? Música, mel, teatro, jazz... e até unha festa bretoa

escolas curros
CULTURA

Escolas na honra de Curros, por Xoán Costa

kisss
CULTURA

Kiss, Scorpions ou Ministry: primeiras confirmacións do Resurrection Fest 2018

A XIII edición terá lugar entre 11 e 14 de xullo, en Viveiro.

covas de dona urraca
CULTURA

Campaña do tecido cultural de Salvaterra para salvar as Covas de Dona Urraca

Os plans unilaterais do Concello de Salvaterra de Miño, gobernado polo PP, para converter as Covas de Dona Urraca nun museo do viño topan co rexeitamento da oposición política e do tecido sociocultural da bisbarra. Logo de acordar e difundir un manifesto que esixe manter os usos culturais do espazo -situado na fortaleza da vila arraiana-, agora inician unha campaña á procura de apoios.
 

na porta da luz salgada 1-2003.jpg
Nunca Máis e a cultura como elemento mobilizador

O espectro da Burla Negra

Non é doado determinar como os acontecementos históricos inflúen na cultura. Mais facelo, fano. Foi o caso do Prestige e o movemento popular posterior. “Socializou-se a vontade de nos expresar politicamente como umha forma de criaçom cultural”, afirma o escritor Séchu Sende (Padrón, 1972), activista hai 15 anos e activista hoxe. Daquela efervescencia queda un espectro, unha sombra, a experiencia tatuada e as incertezas de se podería repetirse un intre así.
 

Luísa Villalta
Nove días de actos en homenaxe á poeta

13 anos sen Luísa Villalta

Foi unha das escritoras chave na transición entre as xeracións poéticas dos 80 e dos 90. Pioneira da virada feminista da poesía galega da época, publicou catro libros. En concreto (2004) no ano da súa morte, 2004. Luísa Villalta tiña entón 47 anos. A Asociación de escritores en Lingua Galega e mais a Alexandre Bóveda inician o sábado 18 de novembro un programa de actos para lembrar a autora de Música reservada (1991): Luísa Villalta e as chaves do tempo.
 

xavi sarria
Xavi Sarriá

“Houbo un cambio espectacular no panorama da música en catalán en Valencia”

 

O ex-cantante de Obrint Pas recala esta sexta feira en Galiza para presentar o seu primeiro traballo en solitario, ‘Amb la esperança entre les dents’. Falamos con el de música en catalá, literatura, creación musical ou a escena musical valenciá.

Biblioteca escolar
CULTURA

O avogado Nemésio Barxa doa os 7.000 libros da súa biblioteca a Viana do Bolo

Hai décadas que o avogado e membro do consello de administración de Sermos Galiza Nemésio Barxa deseñou un futuro para "eses nenos menores de idade que son os libros". Refírese aos 7.000 volumes que conforman a súa biblioteca persoal e que decidiu doar ao Concello de Viana do Bolo, onde naceu en 1935.
 

Isabel Soto, tradutora
Isabel Soto, premio Plácido Castro de tradución

"Boto en falta maior coidado pola lingua meta, o galego"

"A fluidez e a solvencia na lingua meta" e "o esforzo de reflectir o estilo arcaizante da lingua orixinal" de Fosca (1869), de Iginio Ugo Tarchetti, valéronlle a Isabel Soto (Vigo, 1969) o premio Plácido Castro de Tradución. Crítica coa histórica ausencia de "planificación seria" no sector, alerta das condicións laborais das tradutoras e reclama un maior coidado do galego.
 

12173_biografia-chane302
Este sábado na Casa da Cultura

Melide acolle o derradeiro concerto de ‘Chané na Habana’

O derradeiro pase do espectáculo Chané na Habana será en Melide este sábado. O concerto recupera a figura do compositor José Castro González no centenario do seu pasamento. Co pianista cubano Alejandro Vargas como líder, contará coa voz de Rosa Cedrón, cun quinteto e cunha camerata de cordas para ofrecer unha visión nova e desprexuizada da obra do músico.
 

albert pla
CULTURA

Compostela acolle a canción irreverente de Albert Pla

Albert Pla (Sabadell, 1966) levou a canción de autor máis alá dos seus límites. A forza de irreverencia salvaxe, sarcasmo lírico, doces melodías e teatral posta en escena, o autor de No sólo de rumba vive el hombre (1992) trazou un percorrido puntuado pola polémica e por singulares achados musicais. Esta sexta feira visita Santiago de Compostela, ás dez da noite na Sala Capitol.
 

Detalle_da_estatua_de_Ramón_Cabanillas._Cambados._Lucas_Míguez
A Fondo de Sermos Galiza

Cen anos 'Da Terra Asoballada'

O mesmo ano en que os bolxeviques tomaron o Palacio de Inverno en Petrogrado, Ramón Cabanillas publicaba unha das súas obras maiores, Da Terra Asoballada. Libro de poemas chave no ambiente cultural das Irmandades da Fala, Sermos Galiza celebra os seus cen anos cun A Fondo. Esta quinta feira presentarase en Cambados, dentro dos actos do 58 cabodano do Poeta da Raza.
 

premio torrente ballester
CULTURA

Antonio Piñeiro gaña o Torrente Ballester en galego con ‘A través do fume’

 O xurado destacou a “habilitade narrativa” da obra elixida para a segunda edición da convocatoria na modalidade só de galego.

Anxo Rei Ballesteros - entrevista por Loaira
40 anos da publicación de 'Dos anxos e dos mortos'

O radicalismo discreto de Anxo Rei Ballesteros

A literatura é, tamén, un síntoma da historia. As marcas da febre xerada polos acontecementos. O rexistro inconsciente, ou non, do conflito político. Traballos perdidos da linguaxe. Todos estes factores, e outros moitos, confluíron hai 40 anos en Dos anxos e dos mortos, a primeira novela de Anxo Rei Ballesteros (Boqueixón, 1952- A Coruña, 2008) e unha das novelas chave da transición ao posfranquismo en Galiza.
 

37054740294_04085a5eeb_z
A idea de "descrenza" centra o Outono Fotográfico

85 mostras enchen Ourense de fotografías

280 fotógrafas e fotógrafos, 85 exposicións en 66 espazos e presenza en 22 localidades -18 galegas e catro de Portugal. Eis as cifras do Outono Fotográfico, a celebración da imaxe que, desde hai 35 anos, se espalla desde Ourense. Nesta edición, "o fío condutor" do certame será a idea de "descrenza".
 

Ataque escampe
CULTURA

Ataque Escampe: novo vídeo, ‘E eu que chorei con Ghost’, e concerto especial en Teo

É o cuarto videoclip do LP ‘Primeiros bicos’, e gravouse no metro de Nova York. Vídeo no interior.

costa-gavras
A mostra dedicada ás revolucións proxectará 264 filmes

O cineasta grego Costa-Gavras, premio Cineuropa

Un dos máis célebres e celebrados cineastas políticos, o grego Constantin Costa-Gavras (Atenas, 1933), é o premio Cineuropa deste ano. A mostra compostelá, que arrinca a vindeira terza feira e se estende deica o 28 de novembro, proxectará 264 filmes. Un século despois do Outubro Vermello, o fío condutor da programación do festival é a revolución.
 

IMG-20171031-WA0000
Unha cantautora de 17 anos gaña o certame de música en galego da USC

A biodiversidade musical renóvase

A biodiversidade musical en Galiza parece a salvo. Polo menos, de atender ás propostas do I Certame de Música Galega da Universidade de Compostela, que celebrou onte, segunda feira, a súa gala final no Teatro Principal da capital. Noemia, unha cantautora de delicada e potente voz, e 17 anos, fíxose co primeiro premio.
 

Daniel Viglietti en 1973
CULTURA

Morre o cantor de intervención uruguaio Daniel Viglietti

Un dos últimos representantes da xeración orixinal de cantores de intervención latinoamericanos, o uruguaio Daniel Alberto Viglietti Indart, morreu onte en Montevideo. Tiña 78 anos. Unha vintena de elepés conservarán a súa voz, que cantou en todo tempo e lugar a prol das explotadas e os condenados e que se fixo particularmente célebre con dúas obras elaboradas co poeta Mario Benedetti.
 

covas de dona urraca
SOCIAL

Oposición veciñal ao proxecto do Concello de Salvaterra para as Minas

O Concello de Salvaterra de Miño, presidido por Arturo Grandal (PP), vén de resucitar o proxecto dun museo dedicado ao viño nas Covas de Dona Urraca, tamén coñecidas como as Minas. O consistorio xa gastara case 200.000 euros de fondos Feder na mesma idea, pero pensada para a Casa do Conde, tamén localizada na fortaleza da vila. Nunca chegou a poñelo en marcha e o inmoble está pechado e sen actividade desde hai anos.