cultura

brenez
O festival proxecta máis de 150 filmes

Curtocircuíto reivindica un cinema psicodélico e revolucionario

Imaxes estraboscópicas, atravesadas de espasmos de cor intensa, cunha montaxe trepidante, e a música de Pink Floyd antes de se converter en Pink Floyd. Ese é o material no que a profesora e crítica francesa Nicole Brenez (1961) identifica un cinema que "expande a vida" e habilita condicións para a "revolución". Así o expuxo esta segunda feira nunha sesión na sala Numax de Compostela enmarcada no festival Curtocircuíto en que reivindicou os filmes da psicodelia.
 

Antonio_García_Teijeiro
CULTURA

'Poemar o mar', de García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil

O libro de poesía para a infancia Poemar o mar de Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) vén de se facer co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Ministerio de Cultura do Estado español. Publicado o pasado ano por Edicións Xerais, un mar que adquire características humanas protagoniza a obra.
 

premio begoña caamaño
CULTURA

Lila de Lilith gaña o premio Begoña Caamaño á mellor Iniciativa Cultural pola Igualdade

A Libraría de Mulleres Lila de Lilith gaña o I Premio Begoña Caamaño á mellor Iniciativa Cultural pola Igualdade

SONY DSC
CULTURA

Morre Tom Petty, o autor de 'American Girl'

Tom Petty percorreu o camiño que vai do pop enerxético dos seus inicios ao rock arraizado na gran tradición norteamericana en apenas dez anos. Da mesma estirpe que John Cougar Mellencamp ou Bruce Springsteen, herdeiros de Dylan que non puideron ignorar o punk, Petty morreu onte aos 66 anos nun hospital de Santa Mónica, California, logo de sufrir un infarto.
 

Auditorio_municipal_de_Rianxo
CULTURA

Oito compañías na Mostra de Teatro Afeccionado de Rianxo

Seis xornadas repartidas entre esta e a vindeira fin de semana acollerán a segunda Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego de Rianxo. Lowcost por Shakespeare, da compañía compostelá Tolemia Teatro, abrirá o festival esta sexta feira, ás nove na sala Arcos Moldes do auditorio municipal. Nove obras completan o programa.
 

Radio Cos
O sábado 30 na Pobra do Brollón

Recibir o outono con música tradicional

A Terra de Lemos recibe o outono con música tradicional. E non só. O pop rock de Ses, postos de artesanía e "circo familiar" completan o programa de As cores do outono, na Pobra do Brollón. O sábado, 30 de setembro, este "encontro das artes e música" atinxirá a súa cuarta edición.
 

caxade
CULTURA

Músicos galegos gravan 'L'estaca' en solidariedade con Catalunya

Máis de seiscentos músicos galegos apoian un manifesto, difundido a través das redes sociais, que chama a defender "o dereito a convocar unha consulta democrática para decidir sobre a autodeterminación dun pobo". Deles, unha boa parte participan no rexistro dunha versión de L'estaca que verá a luz antes do sábado.

@iontelleria catalunya
Intelectuais españois a prol do 1-O

Voces críticas pola autodeterminación

O xénero do manifesto de intelectuais ten unha longa tradición no Estado español. Á calor do proceso de autodeterminación do pobo catalán cobrou especial relevancia aquel dos que cualfican de "estafa" o referendo convocado pola Generalitat o vindeiro 1 de outubro. Pero tamén existen pensadores, artistas e figuras públicas que apoian as votacións do domingo e o dereito de autodeterminación de Catalunya na conxuntura actual.
 

Carreira de cabalos na XXIX Feira do Poldro [Foto: Concello de Muras]
Toda a fin de semana

Muras festexa o 30 aniversario da ‘Feira do Poldro e do Gando do Monte’

O concello de Muras celebra esta fin de semana a XXX Feira do Poldro cunha interesante, novidosa e diversa programación para gozar desde as crianzas até as e as persoas máis maiores. Esta sexta feira poderase degustar a carne de poldro na III Xornada gastronómica, observar os cabalos no Xistral o sábado 23 e o día 24 terán lugar diferentes actividades, exhibicións e competicións, ademais da entrega de premios.

mestre mateo
CULTURA

O Concello de Compostela dá 15 días á familia Franco para devolver as estatuas do Mestre Mateo

Andrea Jamardo, coordinadora de 'Mulleres Bravas da nosa historia' Foto Mireia García
Andrea Jamardo

"Imos publicar unha antoloxía de relatos que inclúe un inédito de Mª Victoria Moreno"

Urco Editora publicou no seu día a única biografía infantil que se coñece de María Victoria Moreno, a escritora quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2018. Agora a editora galega ten entre mans reeditar obras descatalogadas amais dun inédito da escritora. Falamos con Andrea Jamardo, editora do proxecto.

ruben aramburu
CULTURA

Rubén Aramburu presenta un peto de ánimas na nova entrega de ‘Temos unha peza’

O programa do Museo do Pobo Galego volve esta terza feira ás 19:00 horas.

Liz e as Ánimas Negras Foto: Cedida
Segunda Edición, este 9S

O ‘Rock is Dead Fest’ chega a Santiago de Compostela

Chega a Santiago de Compostela unha nova edición do ‘Rock is Dead Fest’. Este sábado 9 de setembro, máis de doce horas de música en directo e actividades de balde orientadas aos máis cativos da familia, van facer que o Parque de Belvís se converta nun gran escenario e festa!

Praza de Abastos de Compostela.
CULTURA

As músicas de vangarda toman Compostela

Nas marxes hai vida. E nas marxes da música habitual, tamén. Esa parece ser a máxima que guía os programadores do Festival WOS, que esta cuarta feira arrinca en Santiago de Compostela cun arriscado cartaz a medio camiño entre as vangardas, a electrónica avanzada e as denominadas músicas urbanas.
 

susomoinhos
Suso Moinhos

"Neira Vilas animoume a traducir a súa obra ao esperanto"

Suso Moinhos (Vigo, 1970) acaba de publicar a primeira tradución ao esperanto da obra de Neira Vilas Memorias dun neno labrego. O tradutor, que tamén é poeta e escritor en esperanto, comezou a estudar esta lingua por casualidade con tan só dezaseis anos. Cursou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente está a realizar un posgrao de esperanto na Universidade de Adam Mickiewicz, en Polonia. Forma parte do equipo de redactores da revista literaria en esperanto Beletra Almanako e vén de publicar no ano 2016 o seu primeiro poemario, Laminarioj, escrito tamén nesta lingua.

Crítica de rock e outras lerias

Finou Elvis hai 40 anos?

braulio
BRAULIO VILARIÑO, FESTIVAL AGROCUIR

"Hoxe -no mundo occidental e capitalista- gay significa home branco rico homosexual e nós queremos fuxir diso"

A vindeira semana regresa, con novo nome, un dos eventos máis especiais do verán galego, o Festival Agrocuir da Ulloa, que este ano xunta os días 25 e 26 de agosto o melloriño da música galega, desde Mercedes Peón a Radio Cos pasando por Silvia Penide, Tanxugueiras ou o asturiano Rodrigo Cuevas. E falamos cunha das 'alma mater' deste festival, Braulio Vilariño, un activista ou, como lle gusta autodefinirse, un "enlazador de mundos". 

Que facer?

Música a esgalla nunha fin de semana para non durmir

Crítica de cinema das sextas feiras

Atómica

Pouco antes da caer o Muro de Berlín, a axente Lorraine Broughton debe atopar unha lista dun axente do MI6 que contén todos os nomes de espías que operan en Berlín Oriental.

[Imaxe: M.O.] Ledicia Costas
Entrevistamos Ledicia Costas

"Estamos militando na resistencia. Oxalá algún día non esteamos nela"

Defensora da profesionalización, Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha rara avis dentro do sistema literario nacional, pois é dos poucos casos de escritoras e escritores galegos que vive da súa obra. Paseamos con ela polos Xardíns de Méndez Núñez, onde conversamos sobre a súa traxectoria, mais non só, tamén sobre o autoodio e a falta de conciencia de país. A creadora de Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) é un dos grandes nomes da literatura infantil e xuvenil. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 259.