emprego

Limpeza, loxística, comercio e servizos son algúns dos sectores con máis saídas para as persoas con discapacidade (Foto: Cogami).
TRABALLO

A idade e os clichés lastran o emprego entre as persoas con discapacidade

Empresas con máis de 50 traballadores han reservar 2% das súas prazas.
Persoal traballando nun bar (Foto: Europa Press).
star
ECONOMÍA

As afiliacións á Seguridade Social caen en 1.283 persoas na Galiza e crecen no Estado

Galiza perdeu 1.283 afiliados e afiliadas á Seguridade Social en  decembro. Mentres no país o número de cotizantes cae en -0,12%, ficando en 1,06 millóns de persoas, no Estado increméntanse en 1,92%, sumando 20.836.010 inscritos. O número de ocupados e de  ocupadas na Galiza continúa por baixo do rexistrado en 2009.

Sede central de Telefónica en Madrid (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press).
TRABALLO

Telefónica asina o ERE que destruirá perto de 200 empregos na Galiza

Finalmente, a compañía optou por equiparar as condicións económicas ofrecidas aos empregados e ás empregadas que finalmente saian da empresa ás do anterior plan de saídas, negociado no ano 2021, nunha proposta que foi trasladada aos sindicatos o pasado 21 de decembro de 2023.
#autónomo #autónomos #comercio #comerciolocal Un comercio de proximidade anunciando a súa liquidación. (Foto: Arxina)
TRABALLO

Galiza perdeu case 10.000 autónomos na última década e 1.349 só en 2023

O comercio é o principal damnificado da destrución de postos de traballo.
Dúas persoas camiñando diante dunha oficina de emprego en Santiago de Compostela. (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

O sector servizos fai baixar o paro mentres medra o desemprego na industria, a construción e o agro

O paro rexistrado nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en 12.718 persoas en 2023 na Galiza, até as 129.504 persoas desempregadas.
Eusebio Unzue, xerente de Movistar Team e José María Álvarez-Pallete, presidente de Telefónica (Foto: AFP7 / Europa Press).
TRABALLO

Telefónica destruíu en 12 anos seis de cada dez empregos na Galiza

Esta cuarta feira está prevista a firma dos expedientes de regulación de emprego (ERE) que afectarán o persoal das tres principais filiais de Telefónica no Estado español (Telefónica de España, Móbiles e Solucións). Con isto, a compañía de telefonía busca a saída de 3.421 persoas traballadoras até 2025. Na Galiza a medida afectará arredor de 200 empregados e empregadas, o que supón un terzo do persoal. O ERE suporá que 73% dos traballos na firma desaparezan en 14 anos.
A reforma do PP de 2013 continúa a endurecer o acceso ás pensións. Foto: Nós Diario
TRABALLO

A idade legal de xubilación sobe a 66 anos e seis meses

Coa chegada de 2024 as traballadoras e os traballadores que queiran xubilarse co 100% da pensión terán que ter, polo menos, 66 anos e seis meses, debido á reforma de pensións de 2013 do Goberno español de Mariano Raxoi (PP), que endureceu o acceso á xubilación ao ir elevando progresivamente a idade requirida -desde os 65 aos 67 anos nun horizonte total de 15 anos-.

Un camión da empresa Telefónica, esta cuarta feira en Compostela (Foto: R. S.).
TRABALLO

O ERE de Telefónica destruirá ao redor de 200 empregos na Galiza

Previsibelmente, a sinatura terá lugar o 3 de xaneiro.
Miguel Anxo Fernández Lores en rolda de prensa (Foto: Concello de Pontevedra)
ECONOMÍA

O Concello de Pontevedra oferta 49 prazas de emprego público e Lugo sacará a concurso 36 postos de traballo

As dúas cidades aumentan o seu cadro de persoal municipal.
mujer_observa_escaparate_encendido_comercio_agosto_2022_santiago_compostela
TRABALLO

O ano 2023 deixa a destrución dun total de 1.298 empregos autónomos na Galiza

As persoas traballadoras por conta propia creceron en 14.535 a nivel estatal.

Rolda de prensa do comité de Vitrasa, esta cuarta feira. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

O comité de Vitrasa pide a dimisión de Caballero e Font: "Se non son capaces de solucionar isto, que marchen"

O persoal lamenta que o Concello de Vigo deixe "abandonados" os traballadores, que "tamén necesitan reequilibrio económico", pois están a perder "un 16,5% de poder adquisitivo" cuns salarios que levan tres anos conxelados.

Dúas traballadoras nunha fábrica de xoguetes (Foto: Nós Diario).
star
Análise

Redución do tempo de traballo a debate

Roberto Bande é o decano da facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC.
Varias mulleres realizando a compra nun supermercado. (Foto: Europa Press)
star
Análise

Dereito a conciliación que non concilia

Paula Castro é xornalista.
A ministra española de Traballo, Yolanda Díaz, 
e a ministra portavoz do 
Goberno estatal, Pilar Alegría, esta terza feira (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press).
star
TRABALLO

Cales son as claves da reforma do subsidio por desemprego que aprobou o Executivo estatal?

O Ministerio español de Asuntos Económicos liderado por Nadia Calviño e o de Traballo comandado por Yolanda Díaz foron quen de superar as súas diferenzas e atender o requirimento da UE de aprobar a reforma do subsidio por desemprego antes de fin de ano. As persoas menores de 45 anos sen cargas familiares poderán optar a recibir as axudas non contributivas para persoas no paro dun subsidio por desemprego que chegará a 570 euros nos seis primeiros meses.
O responsábel confederal de Negociación Colectiva da CIG, Francisco González Sío, e o secretario xeral da central sindical, Paulo Carril (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

A CIG propón que as prestacións e os subsidios por desemprego nunca sexan menores ao salario mínimo

A CIG alertou esta segunda feira en rolda de prensa sobre unhas reformas das prestacións e subsidios por desemprego que "incidirán na precarización". En contraposición, o sindicato apostou por reformas legais que permitan "restituír dereitos" da clase traballadora. O sindicato nacionalista aposta por aumentar o salario mínimo até os 1.253 euros en 14 pagas.
Traballadora (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
TRABALLO

A fenda salarial, lonxe de reducirse, medra na Galiza: as mulleres xa cobran 4.519 euros menos que os homes

Por outra parte, o IGE publica esta sexta feira unha serie de datos que evidencian que Galiza só conta cunha afiliado menor de 40 anos á Seguridade Social por cada dous maiores desa idade.
Reunión do Consello da Xunta de hoxe. (Foto: David Cabezón)
Consello da Xunta

A Xunta convoca estas 2.335 prazas de oposicións para Educación, Xunta, Inspección Sanitaria e CRTVG

Rueda informou de que se volverá permitir, por segundo ano, a cobertura de prazas de difícil cobertura polo sistema de concurso en Sanidade. A lista dos médicos que cubrirán estas prazas publicarase no DOG esta sexta feira.
Instalacións de Fandicosta (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Fandicosta quere ampliar o preconcurso de acredores até o vindeiro 13 de abril

Os sindicatos demandan á Xunta transparencia e implicación no proceso.
Os académicos Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas, esta cuarta feira na presentación do informe (Foto: UVigo).
star
ECONOMÍA

O tecido empresarial galego perde peso de forma continua: o número de empresas con persoal contratado caeu 8% desde 2008

O Consello Económico e Social presentou esta cuarta feira o informe 'Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada', no que alerta da caída do número de compañías galegas que teñen persoal contratado con respecto ao Estado español.
Dorado e Rueda ry
star
Industria

Fonda preocupación polo futuro de Alcoa en San Cibrao: a multinacional ve "insostíbeis" as condicións para continuar

A Xunta da Galiza e Alcoa reuníronse esta segunda feira para analizar a situación da factoría de aluminio de San Cibrao (Cervo, A Mariña). A xuntanza decorreu tan só catro días antes dun encontro da comisión de seguimento do acordo de viabilidade da fábrica. A preocupación polo futuro do complexo é máxima.